Saltar ao contido

Sociedade Galega de Terminoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedade Galega de Terminoloxía
Logo
Tipoorganización
Data de fundación2004
SedeVigo
EnderezoApartado de Correos 95, 15780, Santiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas interesadas na terminoloxía galega.

O día 6 de outubro do ano 2004 diferentes investigadores, tradutores e especialistas en terminoloxía reuníronse en Santiago de Compostela, en dependencias do Consello da Cultura Galega para constituíren a Sociedade Galega de Terminoloxía.[1] Nesta reunión formounse unha Comisión Promotora, que convocou a todas as persoas interesadas a participar na súa primeira Asemblea Xeral, que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2005, ás 17.00 h, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC. Nesta xuntanza presentouse oficialmente a asociación e elixiuse a súa primeira Xunta Directiva, ao tempo que se debateron as liñas de traballo que a entidade desenvolverá no futuro.[2]

Primeira Xunta Directiva

[editar | editar a fonte]

Na antedita asemblea quedou constituída a primeira xunta directiva da SGaT, formada polas seguintes persoas:

O día 8 de xuño de 2005, a Sociedade Galega de Terminoloxía organizou un acto académico, na sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, para presentar as súas actividade para este ano, a súa páxina web e diverso material informativo. Neste acto pronunciou unha conferencia a presidenta da Asociación Española de Terminoloxía, Teresa Cabré, co título "Xestión terminolóxica das linguas minorizadas: presentación xeral e algúns apuntamentos sobre o galego".[4]

O día 25 de abril de 2006 a profesora Rute Costa Vilhena, presidenta da Asociación Europea de Terminoloxía e da Associação Portuguesa de Terminologia, pronunciou, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, a conferencia "A cooperación en terminoloxía no contexto internacional", acto organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega.[5]

Fins da sociedade

[editar | editar a fonte]

A SGaT ten como obxectivos, entre outros, facilitar o coñecemento e a cohesión entre as persoas relacionadas coa terminoloxía en Galicia, promover accións formativas e propiciar o intercambio de información e coñecementos neste eido.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]