ARN 7SK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SnRNA 7SK»)
Asociación reversible de P-TEFb co complexo 7SK snRNP. P-TEFb é liberado do complexo 7SK snRNP por Brd4 ou HIV Tat. HEXIM é exectado e as dúas proteínas son substituídas por hnRNPs. O inverso deste proceso require outros factores descoñecidos.
ARN 7SK
Identificadores
Símbolo7SK
RfamRF00100
Outros datos
Tipo de ARNXene
Dominio(s)Eukaryota
Estruturas PDBPDBe
ARN 7SK
Identificadores
Símbolo RN7SK
Entrez 125050
Outros datos
Locus Cr. 6 p12.2

En bioloxía molecular o ARN 7SK (ou 7SK RNA ou, simplemente, 7SK) é un ARN nuclear pequeno abundante que se encontra en metazoos.[1] Desempeña un papel na regulación da transcrición ao controlar o factor de elongación da transcrición positivo P-TEFb.[2] O ARN 7SK encóntrase formando parte dun complexo ribonucleoproteico nuclear pequeno chamado 7SK snRNP, xunto con varias proteínas que regulan a estabilidade e funcionamento do complexo.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Un estudo inicial indicou que o ARN 7SK está asociado nas células con varias proteínas e o exame da súa |estrutura secundaria suxeriu un modelo para o emparellamento de bases entre diferentes rexións deste ARN.[3] Un gran logro para saber a función do complexo ribonucleoproteico 7SK snRNP produciuse co descubrimento de que o factor de elongación da transcrición positivo P-TEFb era un compoñente do complexo.[4][5] O ARN 7SK asóciase con e inhibe a actividade quinase dependente de ciclina de P-TEFb por medio da acción das proteínas que se unen ao ARN HEXIM1[6][7] ou HEXIM2.[8][9] O fosfato gamma situado no extremo 5' do ARN 7SK é metilado polo encima MEPCE, que é un compoñennte constitutivo do complexo da 7SK snRNP.[10] A proteína LARP7 tamén está asociada con 7SK, posiblemente en parte pola súa interacción co extremo 3' do ARN.[11][12][13] A redución de MEPCE ou de LARP7 feita por knockdown mediado por ARN interferentes pequenos leva á desestabilización do 7SK in vivo. Un subconxunto de complexos 7SK snRNPs carece de P-TEFb e HEXIM, pero contén no seu lugar hnRNPs.[14]

Función[editar | editar a fonte]

A principal función do complexo 7SK snRNP é o control de P-TEFb, un factor que regula a fase de elongación da transcrición.[2] A actividade quinase de P-TEFb é inhibida cando o factor está no complexo 7SK snRNP. O P-TEFb pode ser liberado do complexo 7SK snRNP polo transactivador HIV Tat ou ben pola proteína que contén bromodominio BRD4. Esta liberación orixina un cambio conformacional no ARN 7SK e a exección de HEXIM.[15] As hnRNPs estabilizan o complexo que carece de P-TEFb e HEXIM. Despois de que o P-TEFb funciona sobre xenes específicos é resecuestrado na 7SK snRNP por un mecanismo descoñecido. O complexo 7SK snRNP foi caracterizado en humanos e Drosophila.[16] Velaquí unha revisión detallada:[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diribarne G, Bensaude O (2009). "7SK RNA, a non-coding RNA regulating P-TEFb, a general transcription factor". RNA Biology 6 (2): 122–8. PMID 19246988. doi:10.4161/rna.6.2.8115. 
  2. 2,0 2,1 Peterlin BM, Brogie JE, Price DH (2012). "7SK snRNA: a noncoding RNA that plays a major role in regulating eukaryotic transcription". Wiley Interdisciplinary Reviews. RNA 3 (1): 92–103. PMC 3223291. PMID 21853533. doi:10.1002/wrna.106. 
  3. Wassarman DA, Steitz JA (xullo de 1991). "Structural analyses of the 7SK ribonucleoprotein (RNP), the most abundant human small RNP of unknown function". Molecular and Cellular Biology 11 (7): 3432–45. PMC 361072. PMID 1646389. doi:10.1128/MCB.11.7.3432. 
  4. Nguyen VT, Kiss T, Michels AA, Bensaude O (novembro de 2001). "7SK small nuclear RNA binds to and inhibits the activity of CDK9/cyclin T complexes". Nature 414 (6861): 322–5. Bibcode:2001Natur.414..322N. PMID 11713533. doi:10.1038/35104581. 
  5. Yang Z, Zhu Q, Luo K, Zhou Q (novembro de 2001). "The 7SK small nuclear RNA inhibits the CDK9/cyclin T1 kinase to control transcription". Nature 414 (6861): 317–22. Bibcode:2001Natur.414..317Y. PMID 11713532. doi:10.1038/35104575. 
  6. Michels AA, Nguyen VT, Fraldi A, Labas V, Edwards M, Bonnet F, et al. (xullo de 2003). "MAQ1 and 7SK RNA interact with CDK9/cyclin T complexes in a transcription-dependent manner". Molecular and Cellular Biology 23 (14): 4859–69. PMC 162212. PMID 12832472. doi:10.1128/MCB.23.14.4859-4869.2003. 
  7. Yik JH, Chen R, Nishimura R, Jennings JL, Link AJ, Zhou Q (outubro de 2003). "Inhibition of P-TEFb (CDK9/Cyclin T) kinase and RNA polymerase II transcription by the coordinated actions of HEXIM1 and 7SK snRNA". Molecular Cell 12 (4): 971–82. PMID 14580347. doi:10.1016/S1097-2765(03)00388-5. 
  8. Byers SA, Price JP, Cooper JJ, Li Q, Price DH (abril de 2005). "HEXIM2, a HEXIM1-related protein, regulates positive transcription elongation factor b through association with 7SK". The Journal of Biological Chemistry 280 (16): 16360–7. PMID 15713662. doi:10.1074/jbc.M500424200. 
  9. Yik JH, Chen R, Pezda AC, Zhou Q (abril de 2005). "Compensatory contributions of HEXIM1 and HEXIM2 in maintaining the balance of active and inactive positive transcription elongation factor b complexes for control of transcription". The Journal of Biological Chemistry 280 (16): 16368–76. PMID 15713661. doi:10.1074/jbc.M500912200. 
  10. Jeronimo C, Forget D, Bouchard A, Li Q, Chua G, Poitras C, et al. (xullo de 2007). "Systematic analysis of the protein interaction network for the human transcription machinery reveals the identity of the 7SK capping enzyme". Molecular Cell 27 (2): 262–74. PMC 4498903. PMID 17643375. doi:10.1016/j.molcel.2007.06.027. 
  11. Krueger BJ, Jeronimo C, Roy BB, Bouchard A, Barrandon C, Byers SA, et al. (abril de 2008). "LARP7 is a stable component of the 7SK snRNP while P-TEFb, HEXIM1 and hnRNP A1 are reversibly associated". Nucleic Acids Research 36 (7): 2219–29. PMC 2367717. PMID 18281698. doi:10.1093/nar/gkn061. 
  12. Markert A, Grimm M, Martinez J, Wiesner J, Meyerhans A, Meyuhas O, et al. (xuño de 2008). "The La-related protein LARP7 is a component of the 7SK ribonucleoprotein and affects transcription of cellular and viral polymerase II genes". EMBO Reports 9 (6): 569–75. PMC 2427381. PMID 18483487. doi:10.1038/embor.2008.72. 
  13. He N, Jahchan NS, Hong E, Li Q, Bayfield MA, Maraia RJ, et al. (marzo de 2008). "A La-related protein modulates 7SK snRNP integrity to suppress P-TEFb-dependent transcriptional elongation and tumorigenesis". Molecular Cell 29 (5): 588–99. PMC 6239424. PMID 18249148. doi:10.1016/j.molcel.2008.01.003. 
  14. 14,0 14,1 C Quaresma AJ, Bugai A, Barboric M (setembro de 2016). "Cracking the control of RNA polymerase II elongation by 7SK snRNP and P-TEFb". Nucleic Acids Research 44 (16): 7527–39. PMC 5027500. PMID 27369380. doi:10.1093/nar/gkw585. 
  15. Krueger BJ, Varzavand K, Cooper JJ, Price DH (agosto de 2010). Blagosklonny MV, ed. "The mechanism of release of P-TEFb and HEXIM1 from the 7SK snRNP by viral and cellular activators includes a conformational change in 7SK". PLOS ONE 5 (8): e12335. Bibcode:2010PLoSO...512335K. PMC 2925947. PMID 20808803. doi:10.1371/journal.pone.0012335. 
  16. Nguyen D, Krueger BJ, Sedore SC, Brogie JE, Rogers JT, Rajendra TK, et al. (xullo de 2012). "The Drosophila 7SK snRNP and the essential role of dHEXIM in development". Nucleic Acids Research 40 (12): 5283–97. PMC 3384314. PMID 22379134. doi:10.1093/nar/gks191. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]