Smithwick's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fábrica de Smithwick's en Kilkenny coa antiga abadía.

Simithwikck's é unha marca de cervexa irlandesa orixinaria de Kilkenny (fabrica só unha pequena parte), aínda que agora tamén se fabrica en Dundalk (onde se elabora a cervexa vendida en supermercados e a maior parte da cervexa explotada). A cervexa Smithwick’s foi elaborada inicialmente en St. Francis Abbey Brewery, en Kilkenny, coñecida como Smithwicks Brewery ata aproximadamente o ano 2000. É a terceira cervexa máis popular de Irlanda por detrás de Guinness e Murphy's. Ten unha gradación alcohólica de 3.8 graos en Irlanda e de 4,5 en Norteamérica.[1]

A cervexeira está situada no lugar da abadía franciscana na que os monxes elaboraban o ale dende o século XIV e nela atópanse as ruínas da abadía orixinal. A Smithwick’s ale gañou seis medallas de ouro no Monde Selection Beer Tasting Competition[2]

Historia[editar | editar a fonte]

É a cervexa máis antiga de Irlanda, a súa historia comezou en 1710, cando John Smithwick elaborou as súas primeiras cervexas en terras do Duque de Ormonde.[3] En 1892 gañou o primeiro premio nunha exhibición de elaboradores de cervexa e destiladores en Dublín. James Smithwick fíxose cargo da empresa conta o ano 1900, e mercou a cervexeira competidora Sullivan’s Kilkenny Breweries Ltd., o que comportou un aumento do negocio. Na década de 1930, sacou ao mercado a cervexa Smithwick's No.1 e comezou a anunciarse en xornais, autobuses e tranvías de toda Irlanda. En 1937 a Smithwick's No.1 gañou o primeiro premio da Competición de Cervexas Embotelladas de Londres. En 1965 Guinness mercoulla a Walter Smithwick, e agora é xunto con Guinness parte de Diageo.

Tipos de cervexa[editar | editar a fonte]

Smithwick's Draught e Kilkenny Cream Ale

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]