Murphy's Irish Stout

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha pinta de Murphy's.

Murphy's Irish Stout é unha marca de cervexa da variedade dry stout (ou estilo irlandés) elaborada no Condado de Cork (Irlanda) seguindo a receita orixinal da Cervexeira de Murphy's dende 1856.[1]

En comparación cos seus competidores, máis amargos e pesados, principalmente Guinness e Beamish, a cervexa Murphy's é un stout lixeiro e máis doce.[2][3] O seu sabor evoca caramelo e malte,[4] e é descrito como "un parente arredado do leite con chocolate".[2] A semellanza co leite esténdese máis ala do sabor e da textura; Murphy's non contén ningún rastro de efervescencia,[2] e é servida "negra, como cappuccino forte" cun pouco de escuma -"a cabeza"- por enriba.[5] A escuma, en particular, é alabada pola súa natureza notablemente espesa e cremosa e a súa alta densidade, da que se di que se pode tomar cunha culler.[6]

Despois de anos como unha cervexa sobre todo local, a adquisición da cervexeira por Heineken - coa conseguinte expansión na distribución - Murphy's acadou proxección internacional. Como o crecemento foi forte en todo o mundo,[7] Murphy's xa está dispoñible en 70 países.[8] A crítica fóra da súa terra natal foi xeralmente positiva. Como exemplo se pode citar o "Beer Bites", a columna de The Daily Orange concedeulle "tres e medio de catro cuncas"[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Murphy's Stout". Cheers. 2000-03-01. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 West, Bill (2007-11-30). "Beer Bites - Murphy's Irish Stout". The Daily Orange. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2011. 
  3. Brown, Andrew C. (1986-02-03). "A Dutch Challenge to the King of Stout". Fortune. 
  4. Givens, Ron (1996-03-15). "Holiday for the Stout-Hearted". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2011. 
  5. Whiting, Sam (2001-03-14). "Living It Up Like the Irish". San Francisco Chronicle. 
  6. Lehndorff, John (2001-03-16). "Pub grub for all year". Rocky Mountain News. [Ligazón morta]
  7. Singer, Penny (1997-12-07). "Surveying Beer Market From White Plains". The New York Times. 
  8. "Heineken Ireland breaks 20% market share mark". RTÉ.ie. 2006-02-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]