Smart Eye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Smart Eye AB
Fundación1999
MatrizGotemburgo, Suecia
LocalizaciónFörsta Långgatan 28B, 413 27 Gotemburgo,Suecia
FundadorMartin Krantz (CEO)
IndustriaAutomoción
ProdutosCámaras Time of Flight e Produción de Software
Beneficio50 millóns de € [1]
Número de empregados73
Na rede
http://www.smarteye.se/
editar datos en Wikidata ]

Smart Eye é unha empresa sueca do sector da automoción, como un provedor de sensores para o interior da cabina.

A compañía[editar | editar a fonte]

Smart Eye está especializada en tecnoloxías para o seguimento e a identificación do ollo humano. As aplicacións da súa tecnoloxía poden reverter no sector da aviación e especialmente no da automoción. Pola integración de sensores pasivos ou de cámaras time of flight o condutor pode ser identificado e monitorizado na procura da prevención de accidentes. Do mesmo xeito, este servizo axustaría a presentación da información ao condutor e comunicaría ao sistema o seu estado de atención no concepto proposto da condución autónoma.

Recentemente, Smart Eye pasou a traballar no sector aeroespacial en colaboración coa NASA para a instalación das súas cámaras en simuladores: planéase instalar unha escolla de cinco cámaras miniaturizadas en cabina nos simuladores de voo, co obxectivo de analizar do estado e o comportamento do piloto durante o seu adestramento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]