Small Spacecraft Mission Service

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Small Spacecraft Mission Service (SSMS) é un dispensador de deseño modular para ser adaptado ás necesidades de lanzamento en astronáutica.

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

Pode usarse para satélites lixeiros con masa entre 1 kg (CubeSats) e 500 kg (minisatélites). Foi deseñado e construído por SAB Aerospace para Avio, contratista principal de Vega para a Axencia Espacial Europea,[1] e foi usado por primeira vez en setembro de 2020 cun foguete Vega da Axencia Espacial Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vega regresa con un nuevo servicio de viaje compartido". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-09-03.