Skinny Girl Diet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Skinny Girl Diet
Meltdown Festival Skinny Girl Diet (42959523352).jpg
Ursula Holliday
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Xénero(s)punk rock, grunge
Selo(s) discográfico(s)Fiasco Recordings, HHBTM Records
MembrosDelilah Holliday
Ursula Holliday
Antigos membrosAmelia Cutler

Skinny Girl Diet é unha banda inglesa de punk rock, descrita a miúdo como riot grrrl, formada en Londres. O grupo está composto por dúa irmás, a guitarrista, compositora e vocalista Delilah Holliday e a batería Ursula Holliday.

Historia[editar | editar a fonte]

Delilah Holliday

As irmás Delilah e Ursula Holliday tocaran xuntas nun dúo chamado Typical Girls antes de formar Skinny Girl Diet coa súa curmá Amelia Cutler ao redor do ano 2010 ao principio da súa adolescencia.[1][2] O nome é unha referencia ao feminismo pro obesidade.[1] Amelia deixou o grupo en 2017, deixando ás irmás Holliday como un dúo.

Skinny Girl Diet realizou a súa primeira actuación como abreconcertos da antiga guitarrista de The Slits Viv Albertine.[3] Dende entón a banda vén sendo coñecida pola seu enfoque actualizado dos ideais feministas e do punk asociados co movemento riot grrrl dos anos 90.[4] A súa compoñentes teñen falado sobre a falta de músicas femininas na industria musical actual, así como sobre outros temas de igualdade nun contexto feminista contemporáneo.[5]

O grupo tamén colaborou coa exposición "Female Matters" para conseguir fondos e sensibilizar sobre a loita contra a ablación do clítoris.[6]

En 2015 a revista Billboard incluíu a Skinny Girl Diet na súa lista das "20 bandas de mulleres que necesitas coñecer", e tamén apareceu na portada no número de primavera de The Beat.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Heavy Flow 2016 Fiasco Recordings, HHBTM Records
Ideal Woman 2019 Fiasco Recordings, HHBTM Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 MacWilliam, Kat Aileen & Keenan (2017-04-05). "Skinny Girl Diet Is the Punk Trio Making Feminist Music for 'Freaks and Weirdos'". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  2. "Ursula Holliday of Skinny Girl Diet | Tom Tom Magazine" (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  3. "Aesthetic: Skinny Girl Diet". Crack Magazine. Consultado o 2020-01-04. 
  4. Diet, Skinny Girl (2015-04-28). "Skinny Girl Diet: "Riot Grrrl Was a Movement, Not a Fashion Fad"". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  5. Garland, Emma (2014-11-06). "How Has Riot Grrrl Informed Modern Feminism and Punk?". Vice (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  6. Weinstock, Tish (2015-05-22). "ovaries are stronger than balls: in conversation with delilah holliday". i-D (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  7. "20 All-Female Bands You Need To Know". Billboard. Consultado o 2020-01-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]