Skindred

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skindred
OrixeNewport, Gales, Reino Unido Reino Unido
Período1998-actualidade
Xénero(s)nu metal
reggae metal
metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Napalm, BMG, Warner Bros., MCA, Bieler Bros., Lava, Atlantic, DoubleCross
MembrosBenji Webbe
Mikey Demus
Dan Pugsley
Arya Goggin
Antigos membrosJeff Rose
Martyn "Ginge" Ford
Na rede
http://www.skindred.com/
Facebook: skindredofficial Twitter: Skindredmusic Instagram: skindredmusic MySpace: skindred Souncloud: skindred Spotify: 3jTlKw98Ql1jGRPYqhqHap iTunes: 5298947 Last fm: Skindred Musicbrainz: 36e371e9-e76b-4b66-b813-e1d1af6d7128 Songkick: 341164 Discogs: 277983 Allmusic: mn0000025236 Deezer: 1259 Genius: Skindred Editar o valor em Wikidata

Skindred é un grupo de metal Galés de Newport. A banda formouse no 1998 tralo abandono do cantante Benji Webbe do seu anterior grupo, Dub War. O estilo musical de Skindred mestura metal alternativo, punk e reggae. O grupo define o seu estilo como "Ragga metal".[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Dub War formouse en Newport, Gales en 1993, firmando có selo discográfico Earache Records. Este grupo separouse no 1998,[3] e Webbe formou Skindred có baixista Daniel Pugsley, o guitarrista Mikey Dee, e o batería Dirty Arya despois de que Webbe fora incapaz de xuntar nun novo proxecto aos outros membros Dub War.[4] En 2002, Skindred lanzou o seu álbum de debut, Babylon. Tras ser remasterizado en 2003 baixo outro selo, o álbum lanzouse finalmente con Lava Records o 14 de agosto de 2004.

En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº1 na lista Billboard "Top Reggae Albums", ao nº5 na lista "Top Heatseekers" e ao nº189 na Billboard 200, e o single "Nobody" chegou ata o nº14 na lista Mainstream Rock Tracks e ao nº23 na lista Modern Rock Tracks en 2004.[5] O 23 de outubro de 2007, Skindred lanzou o seu segundo álbum, Roots Rock Riot con Bieler Bros. Records. En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº6 na lista Top Heatseekers e ao nº22 na Top Independent Albums.[6]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Benji Webbe — vocalista
  • Mikey Demus — guitarra
  • Dan Pugsley — baixo
  • Arya Goggin — batería

Antigos membros[editar | editar a fonte]

  • Jeff Rose — guitarra[7]
  • Martyn "Ginge" Ford — batería[7]

Discografía[editar | editar a fonte]