Melt-Banana
| Melt-Banana | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
|
Participaron en
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Discografía
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Melt-Banana é unha banda xaponesa de noise rock procedente de Tokyo e formada no ano 1992. É coñecida por tocar un noise extremadamente rápido mesturado con electrónica experimental e estruturas de temas baseadas no pop. O grupo taballou con artistas tan variados como Merzbow, John Zorn, Mike Patton ou Discordance Axis. Levan editados nove álbum e teñen saído de xira por todo o mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1991, mentres asistía á Tōkyō Gaikokugo Daigaku (Universidade de Tokyo para Estudos Estranxeiros), Yasuko Onuki fundou unha banda chamada Mizu e, despois de pouco tempo ensaiando con outro guitarrista, recrutou a Ichirou Agata para tocar a guitarra no grupo. O batería e o baixista orixinais de Mizu deixárono seis meses despois de que chegase Agata, ocupándose Yasuko do baixo e as voces ata que atopou a Rika Hamamoto. Ao pouco tempo comezaron a realizar concertos por Tokyo sen batería. Toshiaki Sudoh uniríase á banda para tocar a batería en novembro de 1992 e entón decidiron cambiar o nome para o de Melt-Banana.
En maio de 1993 Melt-Banana fixo un concerto como abreconcertos de KK Null, que quedou impresionado e ofreceulles de inmediato un contrato co seu selo. Posteriormente os presentaría a Mark Fischer de Skin Graft Records e a Steve Albini.
Melt-Banana leva editados dez álbums e 23 EPs (principalmente compartidos con outras bandas, e recompilados a meirande parte deles nun disco en 2005). En 1997 fundaron a súa propia discográfica, A-Zap (antigamente Iguana Coax), e reeditaron case todos os seus primeiros traballos. Nese tempo o batería Toshiaki Sudoh deixou o grupo. Recentemente a banda tivo varios baterías apoiando as xiras e gravando álbums.
Melt-Banana fixo grandes xiras a través dos Estados Unidos e p Reino Unido e pequenas xiras polo Xapón (a razón disto, segundo a banda, é que viaxar polo Xapón é demasiado caro). En 2007 Melt-Banana gravou a canción "Hair-Cat (Cause the Wolf Is a Cat!)" para a serie de Cartoon Network Perfect Hair Forever. O seu último traballo de estudio, Bambi's Dilemma, foi lanzado o 24 de abril de 2007, e un disco ao vivo titulado MELT-BANANA Lite LIVE:ver.0.0 apareceu o 3 de novembro do 2009.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Speak Squeak Creak | 1994 | Nux Organization |
| Scratch or Stitch | 1995 | Chocolate Monk |
| Charlie | 1998 | A-Zap Records |
| Teeny Shiny | 2000 | A-Zap Records |
| Cell-Scape | 2003 | A-Zap Records |
| Bambi's Dilemma | 2007 | A-Zap Records |
| Fetch | 2013 | A-Zap Records |
| 3+5 | 2024 | A-Zap Records |
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- Cactuses Come in Flocks - 1994 (Chocolate Monk)
- MxBx 1998/13,000 Miles at Light Velocity - 1999 (Tzadik)
- Melt-Banana Lite Live Ver 0.0 - 2009 (A-Zap Records)