Sisoés o Grande
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV Exipto |
Morte | c. 429 Exipto |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 6 de xullo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Sisoés o Grande, Sisoés de Scetes, ou Abade Sisoés, nado no século IV e finado en 429, foi un anacoreta exipcio que se retirou ao deserto, á mesma cova na que estivera Antón Abade. As igrexas ortodoxa e católica venérano como santo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa mocidade decidiu retirarse do mundo e estableceuse no deserto de Scetes baixo a dirección do abade Hor. Mais o desexo de afastarse aínda máis levouno a cruzar o Nilo para se recoller na montaña na que Antón Abade morrera algún tempo. Pasou sesenta anos no monte Qolzoum, preto de Clysma, e co tempo peregrinos vidos de lonxe afluían para recibir consello. Tamén foi un duro opositor do arianismo.
Canonizado, as igrexas ortodoxa e católica conmemórano o 6 de xullo[1][2] (anteriormente o 4 e o 5[3]).
Iconografía
[editar | editar a fonte]Aparece representado moitas veces como un home vello, calvo cunha gran barba, mirando un cadáver nunha tumba, disque o de Alexandre o Grande : así aparece na igrexa de San Giorgio dei Greci de Venecia[4] ou no mosteiro da Gran Lavra do monte Athosm[5]).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "06 de Julho: São Sisoé, o Grande". Synaxarion. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Saints, Saintes et Fêtes du Jour 6 juillet". Nominis.
- ↑ Jacques Paul Migne (1850). Encyclopédie théologique, t. 41 : Dictionnaire hagiographique. Paris. p. 1036.
- ↑ Julien Durand (1865). "Légende d'Alexandre le Grand". Annales archéologiques 25: p. 155–156. .
- ↑ Georges Sotiriou (1955). "Les Météores « qui planent entre ciel et terre »". Le Courrier de l'UNESCO (5): 7..