Sirio (satélites artificiais)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maqueta cortada en sección do satélite Sirio 1.

Sirio, acrónimo de Satellite Italiano ricerca industriale orientato, foi unha serie de dous satélites artificiais italianos lanzados entre 197 e 1982.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Sirio eran principalmente satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria que levaban a bordo tamén experimentos para facer medicións de plasma e raios cósmicos. Sirio 1 foi lanzado o 25 de agosto de 1977 mediante un foguete Delta 2313 mentres que Sirio 2 o foi o 9 de setembro de 1982, non chegando ao espazo ao fallar o seu foguete lanzador, un Ariane 1. Cada satélite tiña forma cilíndrica con 144 cm de diámetro e 240 cm de altura, incluíndo o motor de apoxeo, alimentado por hidracina. Estabilizábanse mediante xiro a 90 r.p.m. e alimentábanse mediante células solares.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Sirio 1 25 de agosto de 1977 Delta 2313 Éxito
Sirio 2 9 de setembro de 1982 Ariane 1 Fallo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Sirio" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Sirio 1, 2" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]