Simón Pacheco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Premios | |
Simón Pacheco, nado en Santiago de Compostela en 1968, é un artista visual galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]De vocación temperá e formación autodidacta que completa coa realización de cursos nalgunhas das academias máis prestixiosas, como o Royal College of Art e a Central Saint Martins College of Art de Londres ou a School of Visual Arts de Nova York. A finais do 2006 trasladouse desde Vigo a Berlín, onde reside actualmente.
Estilo
[editar | editar a fonte]Afirma que a súa obra se basea na súa observación da "realidade" máis aló do consenso. As diferentes técnicas que emprega e empregou, para Pacheco, non son un fin en si mesmas, senón un elemento mais de integración nun todo sorprendente, que é a súa obra, á fin.
Distincións
[editar | editar a fonte]En 1990 obtivo o premio Arganzuela, en Madrid, concedido por un xurado que integraban, entre outros, Rafael Canogar e Darío Villalba. En 1993 é premiado no certame Novos Valores, na Bienal de Pontevedra, e grazas á bolsa de estudos viaxou por segunda vez a Nova York, onde coñeceu e absorbeu innovacións na expresión plástica, que no seu afán creador é totalizadora.
Participou na Bienal de Pintura Eixo Atlántico en 1997. En 2001 recibiu a bolsa Unión Fenosa e pasou seis meses como bolseiro en Londres. Accésit no II Premio Auditorio de Galicia en 2002, Premio Nova Creación Artística do Museo do Mar de Galicia en 2003 e segundo Premio Conxemar no 2006.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa obra atópase en diversas coleccións públicas e privadas, entre elas a colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Iglesias, José Manuel: Expresiones y técnicas. Texto en catálogo.
- González Alegre, Alberto: As últimas encrucilladas. Trazos e camiños. Catálogo.
- Rubio Nombloy, Javier: Simón Pacheco. Hacer. Madrid, El Punto de las Artes, 1991.
- David Barro, Fernando Castro Flórez, Vicente Molina Foix, Alberto Ruiz de Samaniego, Severino Penelas, Alberto González-Alegre e Manuel Olveira: simón pacheco ...1999-2005.... Catálogo