Silverio Cerradelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silverio Cerradelo
Silverio Cerradelo (AELG)-1.jpg
Datos persoais
Nacemento 1964
Lugar Ourense, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros narrativa
Estudos Veterinaria e Filoloxía Galega

Silverio Cerradelo Gómez, nado en Ourense en 1964, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Veterinaria e Filoloxía Galega na Universidade Autónoma de Barcelona, ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. É impulsor do proxecto na rede A Chave.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, 2001, publicado en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Terra de Melide en 2006, por Os paxaros tamén migran ao sur.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]