Saltar ao contido

Real Forza Aérea do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Real Forza Aérea do Canadá
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Nome orixinal
Royal Canadian Air Force (en)
Aviation royale canadienne (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Royal Canadian Air Force (en)
Air Command (en)
Aviation royale canadienne (fr)
Commandement aérien (fr) Editar o valor en Wikidata
 Historia
 Elemento operado
 Lema
 Texto lema
Sic itu ad astra
Per ardua ad astra
Such is the pathway to the stars
Through adversity to the stars Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Implicados
Membros19600 (23 de abril de 2008) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Lealdade
 Matriz
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1920 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
aniversario Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF130815814 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000089729324 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01y8kf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: RCAF.ARC Twitter: rcaf_arc Instagram: rcaf_arc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Real Forza Aérea do Canadá (RCAF en inglés e ARC en francés) é a forza áerea e espacial do Canadá.[1] O seu rol é o de "proporcionar ás Forzas do Canadá un poder aéreo relevante, receptivo e efectivo".[2] A RCAF é un dos tres comandos dentro das Forzas Armadas do Canadá unificadas. En 2020 a Real Forza Aérea do Canadá estaba formada por 12 074 soldados regulares e 1 969 reservistas, apoiados por 1 518 civís, e operaba 258 aeronaves tripuladas e 9 non tripuladas.[3] O tenente xeneral Al Meinzinger é o actual comandante da Real Forza Aérea do Canadá e o xefe do Estado Maior da Forza Aérea.[4]

A Real Forza Aérea do Canadá é a responsable de todas as operacións de aeronaves das Forzas Canadenses, de facer cumprir a seguridade do espazo aéreo do Canadá, e de proporcionar aeronaves para apoiar as misións da Real Armada do Canadá e do Exército do Canadá. A RCAF é socia da Forza Aérea dos Estados Unidos na misión de protexer o espazo aéreo continental baixo o Comando de Defensa Aeroespacial de América do Norte (NORAD). A RCAF tamén proporciona os principais recursos aéreos e é a responsable do Programa Nacional de Busca e Rescate.

A RCAF ten as súas raíces na Forza Aérea do Canadá, formada no ano 1920. A Forza Aérea do Canadá recibiu o apelativo real en 1924 de mans do rei Xurxo V para formar a Real Forza Aérea do Canadá. En 1968 a RCAF fusionouse coa Armada e o Exército, co obxectivo de unificar todas as forzas do Canadá. As unidades aéreas dividíronse entre distintos comandos: Mando de Defensa Aérea (ADC; interceptores), Mando de Transporte Aéreo (ATC; transporte, busca e rescate), Mando Móbil (cazas tácticos, helicópteros), Mando Marítimo (guerra antisubmarina, patrulla marítima), así como o Mando de Adestramento (TC).

En 1975 disolvéronse algúns comandos (ADC, ATC, TC), e todas as unidades aéreas pasaron a estar baixo un novo mando coñecido sinxelamente como Mando Aéreo (AIRCOM). O Mando Aéreo volveu ao seu nome histórico en agosto de 2011.

A Real Forza Aérea do Canadá operou na segunda guerra mundial, na guerra de Corea, e na guerra do Golfo, así como en varias misións da ONU para o mantemento da paz e en varias operacións da OTAN. Como membro da OTAN, a RCAF estivo presente en Europa durante a segunda metade do século XX.

  1. Government of Canada, National Defence (2020-09-18). "DND/CAF Joint and Combined Space Program". www.rcaf-arc.forces.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 2022-01-25. 
  2. Government of Canada, National Defence (2015-01-06). "Chapter 1: Shape Fundamentals (B-GA-403-000/FP-001 Canadian Forces Aerospace Shape Doctrine)". www.rcaf-arc.forces.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2020. Consultado o 2022-01-25. 
  3. Defence, National (2021-03-11). "Commander Royal Canadian Air Force (RCAF)". www.canada.ca. Consultado o 2022-01-25. 
  4. "Royal Canadian Air Force command changes hands". Skies Mag (en inglés). Consultado o 2022-01-25.