Siebmachers Wappenbuch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Armorial de Siebmacher
Título orixinalSiebmachers Wappenbuch
Autor/aJohann Siebmacher
LinguaAlemán
Xénero(s)Armorial
Data de pub.1605, 1609
editar datos en Wikidata ]

O Siebmachers Wappenbuch (en alemán: literalmente armorial de Siebmacher) é un armorial publicado en 1605 e 1609 como dous libros heráldicos, parte dunha serie de varios volumes posteriores, que contén os escudos de armas da nobreza do Sacro Imperio Romano-Xermánico, así como os escudos de cidades-estado e dalgunhas familias burguesas. Foi creado e compilado polo alemán Johann Ambrosius Siebmacher (1561-1611), artista heráldico, gravador e editor de Nürnberg. A obra tornouse nunha importante fonte heráldica para as rexións xermanófonas.

O Vello Siebmacher[editar | editar a fonte]

«Reinos» (Königreiche) na folla n.º 2 coas armas de Galiza no escudo de Hispania, 1605.

O Alter Siebmacher foi compilado entre 1605 e 1806 e representa a heráldica contemporánea durante os dous séculos finais do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Os dous primeiros volumes foron completados por Johann Sibmacher en 1605 e 1609. Compóñense de 3220 e 2400 armas respectivamente. A obra está impresa sen cor, mais existe un exemplar corado á man en Nürnberg.[1] O traballo foi continuado con seis volumes con suplementos adicionais realizados por Paul Fürst, Wolfgang Gottlieb Fürst, Rudolf Johann Helmers, Christoph Weigel o Vello e Gabriel Nikolaus Raspe. Estas obras foron tamén publicadas baixo os títulos dos seus respectivos editores, como: Fürstsches Wappenbuch, Helmersches Wappenbuch, Weigelsches Wappenbuch ou Raspes Wappenbuch.[2]

O Novo Siebmacher[editar | editar a fonte]

O Neuer Siebmacher, Siebmachers großes und allgemeines Wappenbuch foi compilado entre 1854 e 1967 por Adolf Matthias Hildebrandt, Maximilian Gritzner e Gustav A. Seyler. O índice xeral da obra enteira foi editado por Hanns Jäger-Sunstenau.[2] Posteriormente, Ottfried Neubecker publicou tódalas armas burguesas do Novo Siebmacher sen o texto como unha especie de glosario ilustrado organizado por cargos heráldicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla (PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. p. 231. 
  2. 2,0 2,1 "Johann Siebmacher". Heraldik-Wiki (en alemán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]