O EP gravouse en novembro de 1988 nos London Bridge Studios de Seattle, Washington, co produtor Mark Dearnley. Dearnley tamén foi o encargado de mesturar o traballo, e Charles Peterson fixo a fotografía da portada. Coa excepción de "Chloe Dancer/Crown of Thorns". de máis de oito minutos de duración, a maioría das cancións do EP percorren ao lado máis cru da banda. As letras oníricas do vocalista Andrew Wood cántanse nun ton de tenor que lembra moito ao líder de Led Zeppelin, Robert Plant. Mother Love Bone converteuse na primeira das novas bandas de Seattle en ter un lanzamento a través dun selo importante.
O disco vendeuse ben e aumentou rapidamente o bombo ao redor da banda. John Book de Allmusic dixo que "o disco contribuíu á expectación da escena musical de Seattle".[2] Todo este lanzamento foi posteriormente reeditado no álbum recompilatorio Mother Love Bone (tamén coñecido como Stardog Champion) en 1992, coa excepción da canción oculta "Zanzibar" que só se pode atopar neste EP.