Chon Wang é un gardián do emperador chinés. Cando a princesa Pei Pei é secuestrada da Cidade Prohibida imperial, Wang séntese persoalmente responsable e insiste en unirse ós gardas encargados de rescatala. Tras unha persecución en Nevada, Wang sepárase do grupo e atópase co estafador Roy O´Bannon, que o axudará a cumprir a súa misión.