Severino Lagares Gundín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Severino Lagares Gundín, nado en Vilasantar en 1899 e finado na Coruña o 4 de maio de 1951[1], foi un garda civil que foi designado como alcalde de Vilasantar durante a Guerra Civil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de industrial, Severino ingresou na Garda Civil.

O 5 de agosto de 1925 Manuel Blanco Fernández dirixíase ao serradoiro no que traballaba, cando ao pasar pola Ponte do Sapo recibiu dous disparos. Aínda que el non sospeitaba de ninguén, segundo o informe da Garda Civil os rumores apuntaban a Severino Lagares, fillo do dono da fábrica, aínda que ningún veciño se prestou a declarar por medo a represalias. O fiscal pedía dous anos, oito meses e dous días de prisión para Lagares, pero o caso pechouse por falta de probas.[2] [3]

En marzo de 1936 foi detido e posto a disposición xudicial por celebrar unha reunión clandestina na súa casa.[4]

Co estourido da Guerra Civil en xullo de 1936, o alcalde democráticamente elixido, Antonio Iglesias Corral, da Fronte Popular, foi apartado do cargo (e máis tarde fusilado) e Severino Lagares foi designado para ocupar o seu lugar.[5]


Predecesor:
Antonio Iglesias Corral
 Escudo de Vilasantar.svg
Alcalde de Vilasantar
 
1936-
Sucesor:
Rafael Seijas Ladrón de Guevara

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 5 de maio de 1951. Páx. 4
  2. El Orzán, 18 de novembro de 1926. Páx. 2
  3. La Voz de Galicia, 18 de novembro de 1926. Páx. 2
  4. La Voz de Galicia, 24 de marzo de 1936. Páx. 7
  5. La Voz de Galicia, 18 de agosto de 1936. Páx. 5