Servando Gerpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Servando Gerpe
 Santiago de Compostela
Falecemento21 de febreiro de 1928
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Servando Gerpe Calvo, nado en Santiago de Compostela e finado na Coruña o 21 de febreiro de 1928,[1][2] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Gerpe Ferro e María Prudencia Calvo e irmán de Lino Gerpe. Militante republicano federal. Foi bedel da Escola de Comercio da Coruña dende 1910.[3] Foi membro da Agrupación socialista da Coruña, da que foi expulsado en 1912.[4] Colaborou na prensa usando o pseudónimo Lorenzo Corchuelo, dirixiu os semanarios El Cosmopolita e Renovación da Coruña e colaborou en La Emigración Española.[5] Finou na Coruña con 55 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-2-1928, p. 4.
  2. La Emigración Española, 20-3-1928, p. 3.
  3. Diario de Galicia, 23-3-1910, p. 2.
  4. El Socialista, 29-5-1912, p. 4.
  5. La Emigración Española, 15-6-1924, p. 3.