Serie D
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federação Italiana de Futebol (pt) |
Parte de | Sistema de ligas de futebol da Itália (pt) |
Liga superior | Serie C |
Liga inferior | Eccellenza, Eccellenza Campania (en) , Eccellenza Liguria (en) e Eccellenza Marche (en) |
Número de participantes | 162 |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1981 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | seried.lnd.it |
A Serie D é a cuarta categoría do fútbol en Italia, detrás da Serie A, a Serie B e a Serie C.
A liga regular da Serie D comeza normalmente en setembro e remata en maio ou xuño, xogando 34, 36 ou 38 partidos dependendo do grupo e está composto por 166 equipos en 9 grupos.
Grupos
[editar | editar a fonte]- Grupo A - equipos de Piemonte, Liguria e Val de Aosta.
- Grupo B - equipos da Lombardía e Piemonte.
- Grupo C - equipos de Véneto, Friúl-Venecia Xulia e Trentino-Alto Adigio.
- Grupo D - equipos da Lombardía, Emilia-Romaña, Véneto e Toscana.
- Grupo E - equipos de Toscana, Umbría e o Lacio.
- Grupo F - equipos das Marcas, a Umbría, os Abruzos e Molise.
- Grupo G - equipos do Lacio e Sardeña.
- Grupo H - equipos de Campania, Apulia, Basilicata, Calabria e Molise.
- Grupo I - equipos de Campania, Calabria e Sicilia.
Ascenso
[editar | editar a fonte]O primeiro de cada grupo ascende á Serie C2, 9 equipos en total.
Normalmente algún equipo dunha división superior adoita ter problemas financeiros e xeralmente hai máis ascensos para ocupar as prazas da Serie C2. Estas prazas ocúpanas os equipos gañadores dos playoff.
Descenso
[editar | editar a fonte]Descenden á Eccellenza (6º nivel) catro equipos por grupo, descendendo os dous últimos clasificados directamente (17º e 18º), mentres que os equipos clasificados nos postos 13º ao 16º xogan unha eliminatoria (13 contra 16, contra 14 e 15). Os perdedores da eliminatoria perden a categoría, en total 36 equipos.