Saltar ao contido

Sergei Moziakin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergei Moziakin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Iaroslavl, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso87 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarright-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Convocado porColumbus Blue Jackets, 263º (2002) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Metallurg Magnitogorsk
Atlant Moscow Oblast
Participou en
maio de 20172017 IIHF World Championship (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Telegram: mozyakin10 VK: mozyakin10 Editar o valor en Wikidata

Sergei Valeryevich Mozyakin (en ruso Серге́й Вале́рьевич Мозя́кин), nado o 30 de marzo de 1981 en Yaroslavl (Unión Soviética) é un xogador profesional de hóckey sobre xeo ruso que actualmente xoga no Metallurg Magnitogorsk na Kontinental Hockey League (KHL). O seu posto é de atacante.

Con 318 puntos na súa carreira na KHL, foi o líder en puntos da competición en tres ocasións (2008–09, 2009–10 e 2012–13), e é o segundo máximo anotador da historia da KHL.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1998 Sergei Mozyakin fixo o seu debut cos Val-d'Or Foreurs na Ligue de hockey junior majeur du Québec (LHJMQ) xogando catro partidos. No seu retorno a Rusia a tempada seguinte, Mozyakin pasou a profesional, xogando no CSKA Moscova na Vyschaïa Hokkeïnaïa Liga (VHL) antes de ascender en 2002 á Superliga con dito equipo. Foi drafteado na 9ª rolda do Entry Draft da NHL en 2002, no posto 263 polos Columbus Blue Jackets. Na tempada regular 2005–06 da Superliga Rusa (RSL), Mozyakin mantivo un duelo de anotadores con Aleksey Morozov e Evgeni Malkin para converterse no máximo anotador da liga; finalmente Mozyakin, con 51 puntos, finalizou a liga liderando a competición en puntos. En 2006 fichou polo Khimik Moscow Oblast. Na tempada regular 2007–08 da Superliga, que sería a derradeira tempada da competición antes de ser substituída pola KHL, Mozyakin mantivo outro duelo anotador con Morozov, finalizando cun punto máis que Morozov, liderando a liga en goles (37) e puntos (64).

Mozyakin é tamén un xogador habitual da selección rusa, participando nos doce partidos do Euro Hockey Tour (EHT) na tempada 2007–08, no que anotou catro goles e repartiu tres asistencias para un total de sete puntos. Mozyakin tamén participou na consecución das dúas medallas de ouro do combinado ruso nos Campionatos do Mundo de 2008 e 2009.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
    Liga Regular   Play-offs
Tempada Equipo Lega PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM
1998–99 Val-d'Or Foreurs QMJHL 4 0 1 1 2
2000–01 CSKA Moscova RSL 9 0 2 2 0
2002–03 CSKA Moscova RSL 33 12 15 27 18
2003–04 CSKA Moscova RSL 45 21 19 40 6
2004–05 CSKA Moscova RSL 49 11 12 23 22
2005–06 CSKA Moscova RSL 51 20 31 51 28 7 1 2 3 4
2006–07 Khimik Moscow Oblast RSL 54 27 33 60 10 9 5 4 9 4
2007–08 Khimik Moscow Oblast RSL 57 37 29 66 22 5 3 1 4 0
2008–09 Atlant Moscow Oblast KHL 56 34 42 76 14 7 2 5 7 0
2009–10 Atlant Moscow Oblast KHL 56 27 39 66 44 4 1 3 4 0
2010–11 Atlant Moscow Oblast KHL 54 27 34 61 12 23 8 13 21 2
2011–12 Metallurg Magnitogorsk KHL 53 20 19 39 18 12 6 3 9 0
2012–13 Metallurg Magnitogorsk KHL 48 35 41 76 6 7 2 4 6 0
2013–14 Metallurg Magnitogorsk KHL 54 34 39 73 8 21 13 20 33 8
2014–15 Metallurg Magnitogorsk KHL 49 27 27 54 14 10 8 5 13 0
Total na KHL 370 204 241 445 116 84 40 53 93 10

Estatísticas internacionais

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Competición Posto   PX G A Pts PIM
2006 Rusia CM 4 2 1 3 0
2008 Rusia CM Ouro 7 0 1 1 2
2009 Rusia CM Ouro 6 2 2 4 2
2010 Rusia CM Prata 4 1 1 2 0
Total como internacional séniro 21 5 5 10 4
[editar | editar a fonte]