Serafín Parcero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serafín Parcero
Nacemento25 de xullo de 1955
Lugar de nacementoMoaña
Ocupaciónmestre e escritor
editar datos en Wikidata ]

Serafín Parcero Pérez, nado en Moaña o 25 de xullo de 1955, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu de mestre ata a súa xubilación como profesor no IES María Soliño de Cangas do Morrazo.[1]

De novo cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión, comezou a escribir contos e teatro para nenos. Iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000. Colaborou no recompilatorio Póker de d(r)amas e na publicación As escolas de Cangas (Asociación Cultural A Cepa[2]).

Obra[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2000 e 2004: Gañador dos Concursos de Narración Curta da A.A. V.V. Nós.[5]
  • 2004: 1º premio do Certame de Microrrelatos convocado pola Literaria de Moaña.
  • 2008: IV Premio do Certame de Relatos de Muller “Matilde Bares”, convocado polo CIM do Concello de Bueu, coa obra Ollos de cinsa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-01-26. 
  2. "AS ESCOLAS DE CANGAS". Librería Abrente. Consultado o 2021-01-26. 
  3. "Serafín Parcero presenta en Moaña a súa novela "Viúvas de vivos e de mortos"". galego.farodevigo.es. Consultado o 2021-01-26. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-01-26. 
  5. Parcero, Serafin (2017-07-24). Insulae Deourum. CreateSpace Independent Publishing Platform. ISBN 978-1-5489-1477-6. 
  6. García, D. (2018-05-30). "El regreso de Matilde Bares". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-26.