Saltar ao contido

Sensibilización central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Puntos da dor.

A sensibilización central, coñecida tamén coma dor nociplástica, é un proceso patolóxico que cursa con disfunción do sistema nervioso central. Está definida coma a resposta desproporcionada e aumentada das neuronas nociceptivas do sistema nervioso central fronte a estímulos normais.[1] Existe unha diminución da limiar da dor, de xeito que estímulos que normalmente non son dolorosos (táctiles, prensiles, térmicos) producen dor.

A sensibilización central non é unha enfermidade en si, senón unha característica fisiopatolóxica que se atopa en diversas doenzas coma a fibromialxia, a síndrome de fatiga crónica, a sensibilidade química múltiple, a neuralxia postherpética e outras doenzas que cursan con dor crónica. Existen fármacos que tamén poden provocar sensibilización central, coma os opioides (hiperalxesia inducida por opioides) ou a ketamina, entre outros.

Fisiopatoloxía

[editar | editar a fonte]

Os mecanismos de sensibilización central son diversos e complexos. Cando se produce un estímulo doloroso, tanto somático coma visceral, libéranse unha serie de mediadores inflamatorios tales coma bradicinina, serotonina, histamina, prostaglandinas e substancia P, entre outras. Na sinapse das vías da dor, o glutamato contribúen á hiperexcitabilidade desta. Outras substancias coma o óxido nítrico tamén activan os receptores NDMA. Estes receptores son os principais responsables da hiperexcitabilidade das neuronas e dos estímulos dolorosos.

  1. Williams (novembro de 2016). "Updating the definition of pain.". Pain 157 (11): 2420–2423. doi:10.1097/j.pain.0000000000000613. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]