Sensibilidade da película fotográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As distintas escalas de sensibilidade fotográfica están clasificadas en función do tipo de emulsión fotográfica presente na película. A sensibilidade dunha película fotográfica é a velocidade coa que a súa emulsión fotosensible reacciona á luz. Algunhas marcas fotográficas falan de E.I., isto é Exposure Index ou Índice de Exposición.

O índice de exposición ou sensibilidade dunha película indícase mediante as escalas ASA, DIN, ISO ou GOST (escala soviética actualmente en desuso).

Escalas normalizadas[editar | editar a fonte]

ASA[editar | editar a fonte]

A escala ASA (American Standard Asociation) é igual á escala ISO (International Standard Office) que é a que se está impondo internacionalmente. Na escala ASA cando o número dobra o seu valor a sensibilidade da película duplícase, ou o que é o mesmo, aumenta nun diafragma. Así, unha película de 400 ASA ten o dobre de sensibilidade que un de 200 ASA.

DIN[editar | editar a fonte]

Pola contra, o sistema DIN (Deutsche Industrie Normen) pode parecer algo menos inmediato, pois o valor da sensibilidade dóbrase cando o valor DIN aumenta en tres unidades. Así, unha película de 22 DIN ten o dobre de sensibilidade que unha de 19 DIN. Con todo, este sistema permite fraccionar a sensibilidade en terzos de diafragma dunha forma moito máis precisa que co sistema ASA, co que o control da exposición é máis preciso (se partimos dun Filme de sensibilidade 19 DIN, un de 20 DIN terá unha sensibilidade 1/3 de diafragma maior, un de 21 DIN 2/3 de diafragma maior e, por fin, unha de 22 DIN ten 1 diafragma máis de sensibilidade).

ISO[editar | editar a fonte]

O sistema ISO, é en realidade a fusión dos sistemas ASA e DIN, pois nel indícanse ambos os valores (así, por exemplo, unha película terá unha sensibilidade ISO 100/21 ).

Equivalencias de escalas de sensibilidade[editar | editar a fonte]

As equivalencias das escalas ASA, ISO, DIN e GOST soviética móstranse no seguinte cadro:

          ASA/ISO      DIN         GOST
             16          13      11
             32          16      27
             64          19      55
            125          22     110
            200          24     160
            400          27     360
            800          30     720
           1200          32    1125
           2000          34    1800


Como resumo do anterior podemos dicir que un número da escala alto indica que o valor da sensibilidade da película é grande, polo que a igual cantidade de luz na escena e fronte a unha película de valor de sensibilidade baixo menor será o tempo que requirirá para impresionar a emulsión. ide:Kecepatan filme non:Filmhastighet