Martes Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Procesión en Santiago de Compostela o Martes Santo.

O Martes Santo é o terceiro dos días da Semana Santa, cuxo comezo ten lugar o Domingo de Ramos, e que conforme se vai achegando os días dos principais cultos (Xoves e Venres Santo) segue a súa reflexión acerca de diversas pasaxes da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.

Liturxia[editar | editar a fonte]

No Evanxeo do Martes Santo, Xesús anticipa aos seus discípulos a traizón de Xudas e as negacións de San Pedro. O texto é de San Xoán:

Naquel tempo, Xesús, profundamente, dixo:
-«Asegúrovos que un de vós vaime a entregar».
Os discípulos miráronse uns a outros perplexos, por non saber de quen o dicía. Un deles, o que Xesús tanto amaba, estaba reclinado á mesa xunto ao seu peito. Simón Pedro fíxolle acenos para que pescudase por quen o dicía. Entón el, apoiándose no peito de Xesús, preguntoulle:
-«Señor, quen é?».
Contestoulle Xesús:
-«Aquel a quen eu lle dea este anaco de pan untado».
E untando o pan, deullo a Xudas, fillo de Simón o Iscariote. Detrás do pan, entrou nel Satanás. Entón Jesús díxolle:
-«O que tes que facer faino deseguido».
Ningún dos comensais entendeu a que se refería. Como Xudas gardaba a bolsa, algúns supoñían que Xesús encargáballe comprar o necesario para a festa ou dar algo aos pobres. Xudas, despois de tomar o pan, saíu inmediatamente. Era de noite. Cando saíu, dixo Xesús:
-«Agora é glorificado o Fillo do home, e Deus é glorificado nel. Se Deus é glorificado nel, tamén Deus glorificarano en si mesmo: glorificarano pronto. Fillos meus, quédame pouco de estar convosco. Buscarédesme, pero o que dixen aos xudeus dígovolo agora a vós: Onde eu vou, vós non podedes ir».
Simón Pedro díxolle:
-«Señor, onde vas?»
Xesús respondeulle:
-«Onde eu vou non me podes acompañar agora, acompañarasme máis tarde».
Pedro replicou:
-«Señor, por que non podo acompañarte agora? Darei a miña vida por ti».
Xesús contestoulle:
-«Con que darás a túa vida por min? Asegúroche que non cantará o galo antes que me negaras tres veces».
Xoán 13, 21-33 36-38

Celebracións[editar | editar a fonte]

  • En Ferrol son dúas procesións as que percorren as rúas o Martes Santo. A Confraría da Soidade sae coa procesión do Cristo da Boa Morte polo barrio do Ferrol Vello. No barrio da Madalena, á noitiña, pódese contemplar a procesión de Xesús Atado á Columna, o Cristo do Socorro e a Santísima Virxe da Esperanza.
  • En Viveiro procesiona o Viacrucis Procesional de mulleres, no que as mulleres realizan as catorce estacións de penitencia. O día siguiente ten lugar o de homes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]