Seguriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seguriño
Creador(es) Xunta de Galicia
Información
Sexo varón
Nacionalidade Galicia Galicia

Seguriño foi unha personaxe de ficción creada pola Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia para promocionar e educar aos cativos, por medio de campañas televisivas emitidas en horario infantil, a educación viaria[1]. Por medio de anuncios ou cancións, emitidas en programas infantís coma o Xabarín Club, Seguriño ensinaba aos galegos e galegas a se comportar axeitadamente coma peóns ou a respectar os sinais de tráfico, ademais de tomar conciencia da importancia da seguridade viaria.

A campaña foi considerada un éxito tanto a nivel galego coma a nivel estatal[1], de xeito que foi exportado a outras administracións, coma a Comunidade de Madrid[2].

Características[editar | editar a fonte]

A personaxe de Seguriño, cuxo nome intentaba transmitir prudencia e responsabilidade, era un home con forma humana, vestido cun mono de cor azul con catro botóns dourados, unhas zapatillas azuis e un gorro tamén de cor azul. Acompañando a Seguriño, adoitaban saír en pantalla nenos e nenas, os cales eran educados con consellos de seguridade viaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Imaxe.com (ed.). "Seguriño · Xunta de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  2. Beltrán Llera, Jesús. Comunidad de Madrid, ed. "El impacto de la comunicación audiovisual en al modificación conductual y cognitiva de los niños, en la Comunidad de Madrid." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]