Segmentación semántica
A segmentación semántica consiste en dividir unha imaxe dixital en varias rexións (grupos de píxeles) chamados segmentos. Máis especificamente, a segmentación é un proceso de clasificación de píxeles que asigna unha categoría a cada píxel da imaxe analizada[1].
O obxectivo da segmentación é localizar rexións significativas. A segmentación úsase tanto para localizar obxectos como para atopar os seus bordos dentro dunha imaxe. O resultado de segmentar unha imaxe é un conxunto de segmentos que cobren toda a imaxe sen superpoñerse. Pode representarse como unha imaxe de etiqueta (unha etiqueta por cada píxel) ou como un conxunto de contornos.
Aplicacións da segmentación semántica
[editar | editar a fonte]Algunhas das aplicacións prácticas da segmentación de imaxes son:
- Detección de obxectos (rostros, persoas, animais etc.).
- Sistemas de control de tráfico.
- Videovixilancia.
As aplicacións da segmentación semántica son moitas e son clave para o desenvolvemento da intelixencia artificial. De xeito que cada día hai novos usos na segmentación de obxectos como parte da visión artificial[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Segmentación semántica". la.mathworks.com (en castelán). Consultado o 2021-02-01.
- ↑ Mullany, Lila (2020-10-01). "Computer Vision on the Edge". Medium (en inglés). Consultado o 2021-02-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Robotics, Machine Learning & Computer Vision Arquivado 04 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.