Secrets of the Saqqara Tomb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Secrets of the Saqqara Tomb
Ficha técnica
Título orixinalSecrets of the Saqqara Tomb
DirectorJames Tovell
ProdutorCharlotte Chalker
MúsicaJerry Lane
MontaxeMichael Rolt
Estudio
  • At Land Productions
  • Lion Television
DistribuidoraNetflix
Estrea28 de outubro de 2020
Duración113 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt13150630 Filmaffinity: 126950 Allocine: 286706 Rottentomatoes: m/secrets_of_the_saqqara_tomb Netlix: 81064069Editar o valor em Wikidata

Secrets of the Saqqara Tomb é un filme documental británico de 2020 dirixido por James Tovell. O filme segue a un grupo de arqueólogos exipcios que descobren unha tumba do século -XXV na necrópole de Saqqara, xusto ó pé do Cario, a cal permaneceu agochada durante 4 400 years.[1]

O filme foi producido por At Land Productions e Lion Television.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un equipo de arqueólogos locais, liderados polo exiptólogo Mohammad Mohammad Yousef, descobre os pasadizos, pozos e tumbas nunca antes explorados dun dos descubrimentos máis importantes do Antigo Exipto xamais atopados na necrópole de Saqqara. Considerado como un dos achados máis significativos en case cincuenta anos, a tumba perfectamente conservada está ocupada por Wahtye, un sacerdote de alto rango que viviu durante a quinta dinastía de Exipto, e a súa familia. Durante a escavación o equipo atopa varios artefactos, incluíndo posesións persoais, estatuas e a momia do sumo sacerdote e a súa familia, así como un cachorro de león momificado.

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme estreouse en liña a través de Netflix o 28 de outubro de 2020.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Secrets of the Saqqara Tomb review – hidden depths in ancient Egypt". the Guardian (en inglés). 2020-10-30. Consultado o 2020-11-07. 
  2. "Secrets of the Saqqara Tomb | Netflix Official Site". www.netflix.com (en inglés). Consultado o 2020-11-07.