Saltar ao contido

Sebastián Sánchez Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSebastián Sánchez Prado
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata - 1988 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Real Murcia Club de Fútbol Editar o valor en Wikidata

Sebastián Sánchez Prado, coñecido como Sebas, nado en Espinardo (Murcia) o 31 de xaneiro de 1960, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1979–80 debutou en Segunda División co Real Murcia, club co que ascendeu esa campaña á Primeira División. Co club en Primeira, Sebas non xogou ningún encontro, e descendeu ao final da campaña novamente á Segunda División. Na categoría de prata, conseguiu de novo o ascenso na tempada 1982–83, sendo un xogador habitual no cadro pimentonero. Descendeu novamente na tempadaa 1984–85.

Na tempada 1985–86 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou dúas tempadas en Segunda División. Fixo o seu debut coa camisola branquiazul o 1 de setembro de 1985 fronte ao seu anterior equipo, o Real Murcia, no encontro da primeira xornada do campionato en Riazor, que rematou con vitoria local (2–1). No Deportivo xogou 54 partidos e anotou 3 goles.

Na tempada 1987–88 foi contratado polo Cartagena, co que descendeu ao final da campaña á Segunda División B.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]