Seasat
Seasat | |
---|---|
Representación de Seasat en órbita. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 27 de xuño de 1978, 1:12 GMT[1][2] |
Foguete portador | Atlas F/Agena D[2][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, SLC-3W[2][4] |
Obxectivo da misión | Observación e estudo de diferentes propiedades dos océanos terrestres.[2][4] |
NSSDC ID | 1978-064A |
Masa | 1800,0 kg[2][3][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7124 km[1] |
Inclinación | 108,0 graos[1] |
Apoapse | 755,5 km[1] |
Periapse | 751,7 km[1] |
Seasat, tamén coñecido como Seasat 1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de xuño de 1978 mediante un foguete Atlas F/Agena D desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Seasat foi o primeiro satélite que usou radar de apertura sintética (SAR) para estudar os océanos terrestres. A súa misión foi medir os ventos de superficie, a altura das ondas, as ondas internas, o contido de auga líquida na atmosfera, as características do xeo, a topografía oceánica e o xeoide mariño. O satélite proporcionaba unha cobertura do 95% dos océanos cada 36 horas.[2][3]
A nave utilizou a etapa superior do seu lanzador Atlas F/Agena D como bus que proporcionaba enerxía, telemetría en banda S, control de actitude e funcións de mando e control. Estabilizábase nos tres eixos usando volantes de inercia e sensores de horizonte. A precisión que acadou nas súas medicións foron de 10 cm na medición de alturas, 2 m/s na medición da velocidade dos ventos e 1 °C na medición da temperatura.[2][3]
O satélite funcionou sen problemas durante 105 días, ata o 10 de outubro de 1980 en que un curtocircuíto o deixou fóra de servizo.[2][3]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Seasat levaba cinco instrumentos a bordo:[2][3]
- Un altímetro radar de pulsos en banda X cunha precisión de 10 cm.
- Un radar de apertura sintética (SAR polo seu acrónimo en inglés) funcionando en banda L (1,275 GHz cubrindo bandas de 100 km de superficie e 25 m de resolución vertical. A antena tiña unhas dimensións de 2,2 x 10,7 m.
- Un dispersómetro para medir a velocidade e dirección do vento funcionando en banda L e cunha precisión de 2 m/s.
- Un radiómetro de microondas multicanal para medir o vento en superficie e a temperatura da auga, así como o contido de auga na atmosfera, a taxa de choiva e a cobertura de xeo.
- Un radiómetro para lonxitudes de onda visible e infravermellas para identificar características nubosas, terrestres e acuáticas e producir imaxes térmicas do océano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SEASAT 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Seasat 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seasat |