Saltar ao contido

Seán Ó hEinirí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSeán Ó hEinirí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Cill Ghallagáin, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Cill Ghallagáin, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador , Seanchaí Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua irlandesa Editar o valor em Wikidata

Seán Ó hEinirí, nado o 26 de marzo do 1915 e finado o 26 de xullo do 1998, coñecido en inglés como John Henry, foi un seanchaí ou contacontos tradicional irlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ó hEinirí naceu en Cill Ghallagáin (Kilgalligan), no condado de Mayo, fillo de Micheál Ó hEinirí e Máire Uí Einirí.[1] Dende moi novo, compilou multitude de lendas antigas e historias tradicionais. Tamén traballou como pescador, usando un tipo de embarcación irlandesa coñecida como currach.[2]

Contribucións á lingua irlandesa[editar | editar a fonte]

Fíxose coñecido como un talentoso seanchaí, e o folclorista Proinnsias de Búrca (19041996) recolleu historias del en tempos da Comisión de Folclore Irlandesa (19351971). Nos anos posteriores, foi gravado por Séamas Ó Catháin do Departamento de Folclore Irlandés desde 1975 durante máis de dez veráns. Gran parte deste traballo foi publicado en Scéalta Chois Cladaigh (Historias do mar e da costa) en 1983 polo Consello de Folclore de Irlanda (Comhairle Bhéaloideas Éireann).[3]

Ó hEinirí tamén proporcionou un gran número de palabras e expresións ao lexicógrafo Tomás de Bhaldraithe, quen as incorporou ao seu influente Dicionario inglés-irlandés, publicado en 1959.[2] Ademais disto, deu máis de 800 topónimos menores a Patrick O'Flanagan da Comisión de Folclore para o libro de 1974 The Living Landscape, Kilgalligan, Erris.

Whitley Stokes estimou que había ao redor de 800 000 falantes de irlandés monolingües en 1800, que diminuíron a uns 320 000 ao final da Gran Fame irlandesa, e a menos de 17 000 en 1911.[4] Os falantes monolingües mantivéronse na década de 1950, pero nos anos 80 e 90 xa desapareceran. É por iso, que Seán Ó hEinirí foi probablemente un dos últimos falantes monolingües de lingua irlandesa, senón o último.

Aparicións televisivas[editar | editar a fonte]

Ó hEinirí foi filmado para o documental de 6 partes da BBC In Search of the Trojan War, que se emitiu en 1985. Segundo o documental, era analfabeto.[2] Tamén apareceu nunha reportaxe de Morning Ireland emitida o 25 de xullo dese ano.[5]

En 1986 Ó hEinirí apareceu no episodio 8 da serie gañadora dun premio Emmy The Story of English, tamén producida pola BBC, que falaba da influencia irlandesa na lingua inglesa.

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Permaneceu na aldea de Cill Ghallagáin, onde era coñecido como seanfhondúir ('veterano, habitante orixinal'). Morreu o 26 de xullo de 1998 e sobreviviu a súa muller, Máire (que morreu en 2001). Está soterrado no cemiterio de Cill Ghallagáin.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Irish Genealogy". civilrecords.irishgenealogy.ie. Consultado o 2024-04-21. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ó Catháin, Séamas (1998). "Seán Ó hEinirí (1915-1998)". Béaloideas 66: 235–237. ISSN 0332-270X. 
  3. "Seanchaí, Seán Ó hEinirí (John Henry) (70), Kilgalligan, Erris, Co. Mayo". Digital.ucd.ie. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  4. Watson, Iarfhlaith; Nic Ghiolla Phádraig, Máire (setembro de 2009). "Is there an educational advantage to speaking Irish? An investigation of the relationship between education and ability to speak Irish". International Journal of the Sociology of Language. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  5. "Arts and Culture - Irish Storytelling Project". Rte.ie. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  6. "Indexed Photos of Headstones in Kilgalligan Cemetery, Kilcommon, Co. Mayo, Ireland". Goldenlangan.com. Consultado o 24 de abril de 2017.