Scythe (xogo de mesa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Scythe é un xogo de mesa de estratexia e tácticas deseñado por Jamey Stegmaier, ilustrado polo artista Jakub Rozalski e comercializado por Stonemaier Games no 2016. O xogo adopta unha estética dieselpunk ambientada na década de 1920 nunha Europa do Leste alternativa. O xogo preséntanos unha Europa que apenas se recupera dos estragos da Gran Guerra, a cal non tivo vencedores claros neste mundo alternativo debido ao desenvolvemento dunha tecnoloxía militar disruptiva que incluía os chamados Mechs: enormes robots tripulados de batalla movidos por combustíbel diésel e vapor.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O mundo de “Scythe” provén da inspiración directa da obra do pintor polaco Jakub Rozalski, quen traballou esta idea conceptual dunha Europa do Leste alternativa no seu traballo “World of 1920+”. Rozalski recolle pasaxes históricas da Guerra Polaco-Soviética (1919-1921) engadindo os anacrónicos deseños de robots, buscando a impresión visual. O uso dunha técnica gráfica que simula o óleo axuda a incrementar esta sensación de época na súa obra. A obra de Rozalski segue accesible baixo os nomes de “The World of Scythe” e “Howling to the Moon”. Ademais publicou quebracabezas e espérase a saída ao mercado do videoxogo “Iron Harvest”, que tamén emprega a súa estética.[2]

Scythe saíu á venda tras unha iniciativa de apoio online vía Kickstarter, con máis de 17 000 contribuíntes, recadando máis de $1.8 millóns durante a campaña.[3] Desde a súa saída á venda o xogo recolleu cinco "Golden Geek awards" en 2016, o "Swiss Game Award" e tamén foi o vencendor do "Origins award" nese mesmo ano. En 2017 a súa expansión "Scythe: The Wind Gambit" recolleu un novo "Golden Geek award".

Mecánica[editar | editar a fonte]

O obxectivo do xogo é o de desenvolver a nación propia máis rápido e máis eficientemente que os adversarios. O xogador terá que expandirse, mellorar as súas tecnoloxías, aumentar o seu poder militar e a súa fama, construir Mechs e edificios, cumprir misións e gañar batallas. Cada un destes parámetros dá a opción de desprenderse dunha das seis estrelas coas que comeza cada xogador, no momento no que un deles expulse as súas seis estrelas finaliza a partida e faise un reconto. O xogador que teña máis diñeiro é o gañador.[4]

Contido do xogo[editar | editar a fonte]

Os exércitos de cada xogador divídense en dous tipos de unidades: as civís, dedicadas á produción; e as militares, destinadas á conquista de territorios e á disuasión doutros xogadores. A produción de recursos (diésel, madeira, alimentos ou metal) intégrase dentro das diferentes accións despregadas no taboleiro do xogador, con combinacións entre os 7 dispoñíbeis, cada un con 7 habilidades propias, incrementando as posibilidades do xogo.

Tres xogadores despregan o panel durante unha partida de Scythe.

Faccións[editar | editar a fonte]

O xogo base para 5 xogadores introduce un número igual de potencias militares que se disputan os territorios dunha Europa do Leste debuxada sobre o mapa arredor da Fábrica, unha avanzada cidade-estado que proporcionou ao mundo gran parte das súas tecnoloxías disruptivas durante a Gran Guerra. Esta cidade quedou misteriosamente abandonada e agora as nacións estudan con cobiza os seus posíbeis segredos.

Neste contexto as seguintes nacións compiten por solidificar o seu poder dentro do taboleiro de xogo:

  • "A República de Polonia" é a figuriña branca da heroína Anna e o oso Wojtek.
  • "A Unión Rusoviética" é a figuriña vermella da heroína Olga Romanova e o seu tigre siberiano Changa.
  • "O Imperio Saxón" é a figuriña negra do heroe Gunter von Duisburg cos seus lobos Nacht & Tag.
  • "Os Reinos Nórdicos" é a figuriña azul do heroe Bjorn e o boi almiscreiro Mox.
  • "O Khanato de Crimea" é a figuriña amarela da heroína Zehra e a aguia Kar.

Expansións[editar | editar a fonte]

O xogo conta coas expansións de “Invaders form Afar”, que engade as faccións do Clan Albion e o Shogunado Togawa; e “The Wind Gambit”, que engade o uso de aeronaves e a opción de cambiar as condicións de finalización de cada partida. A última publicada, “The Rise of Fenris”, engade unha campaña de 8 escenarios rexogábeis, ademais de novos módulos de xogo independentes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]