Scriptures of the Golden Eternity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scriptures of the Golden Eternity
Álbum de directo de Lee Ranaldo
Edición1993 (vinilo)
1995 (CD)
Gravación18 de xullo de 1988 e 28 de novembro de 1989
Duración48:15
Xénero(s)música noise
Selo(s)Father Yod (vinilo)
Drunken Fish (CD)
Producido porLee Ranaldo
Cronoloxía
A Perfect Day EP Scriptures of the Golden Eternity Broken Circle / Spiral Hill EP

Scriptures of the Golden Eternity é un álbum ao vivo do guitarrista estadounidense Lee Ranaldo, publicado en vinilo no ano 1993 a través do selo Father Yod, e posteriormente reeditado en CD por Drunken Fish en 1995. O deseño da portada está realizado polo artista visual Savage Pencil. O disco está formado por tres temas sen título interpretados unicamente con guitarra, loops de cinta e voces ocasionais. O primeiro tema foi gravado o 18 de xullo de 1988, e os outros dous o 28 de novembro de 1989.

A diferenza do seu primeiro álbum en solitario, From Here to Infinity, Scriptures of the Golden Eternity foi gravado ao vivo en dúas actuacións que Ranaldo fixo en Nova York, no tempo no que Sonic Youth gravou os seus álbums Daydream Nation e Goo. Durante os primeiros minutos do tema inicial, Ranaldo relata unha historia collida dun episodio de The Adventures of Superman onde unha personaxe secuestrada deixalle a Superman unha pista en forma de dous loops de cinta coa voz dunha persoa dicindo "hello" nunha cámara de eco e cun efecto de son dun canón disparando, a pista significa "Echo Canyon". Echo Canyon sería posteriormente o nome do estudio privado de Sonic Youth, onde foron gravados varios dos seus discos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Non aparece ningún título no libreto do disco. Emusic e a iTunes Music Store listan as cancións nos seus menús de descargas cos seus respectivos números de corte.

  1. One - 22:42
  2. Two - 15:05
  3. Three - 10:28