Scissor Sisters
| Scissor Sisters | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Os Scissor Sisters son unha banda norteamericana formada no ano 2001. O seu estilo mestura a música disco, o glam rock, o nightclub de Nova York.
O grupo está composto polos vocalistas Jake Shears e Ana Matronic, o multi-instrumentista Babydaddy, o guitarrista/baixista Del Marquis, e o batería Randy Real (quen se uniu como substituto de Paddy Boom), e o seu nome vén dunha postura sexual lésbica denominada tribadismo. Mentres o seu éxito é bastante limitado na súa terra natal, os Estados Unidos, a banda acadou un importante éxito en Europa, Canadá, Australia e, máis concretamente, no Reino Unido, onde conseguiron entrar varias veces nas listas de vendas coas súas cancións. O seu primeiro disco converteuse no disco máis vendido no Reino Unido no ano 2004, e o seu sinxelo "I Don't Feel Like Dancin'", no cuarto máis vendido do 2006, ademais de manterse entre os 40 primeiros durante 27 semanas.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Scissor Sisters (2004).
- Ta-Dah (2006).
- Night Work (2010).