Schimbare
Aparencia
Schimbare | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Schimbare |
Director | Álex Sampayo |
Guión | Borja F. Caamaño Álex Sampayo |
Intérpretes | Candela Peña Luis Zahera Sandra Mokrzycka |
Fotografía | Juan Hernández |
Estudio | Ficción Producciones |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Recadación | 102,00 €[1] |
Na rede | |
|
Schimbare é un filme galego de 2014 dirixido por Álex Sampayo rodada orixinalmente en lingua castelá. Conseguiu o galardón ó mellor filme internacional no Festival de Cinema de San Diego.[2]
Na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en oito categorías, conseguindo finalmente facerse cos premios de mellor dirección de produción e mellor son.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Luis e Elvira viaxan a Romanía logo de ter contactado cunha organización criminal. Cando están a piques de chegar ó seu destino reciben unha chamada que os obriga a cambiar de traxectoria. Deben detenerse en Budapest e recoller unha nena de oito anos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Candela Peña como Elvira
- Luis Zahera como Luis
- Sandra Mokrzycka como rapaza
- Maurycy Lyczko como Emil
- Martijn Kuiper como Radu
- Huichi Chiu como Jun
- Mariana Achim como Teodora
Produción
[editar | editar a fonte]O filme rodouse a finais de 2013 entre Galicia e Hungría.[2]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
13ª edición | Mellor filme | Álex Sampayo | Nomeado |
Mellor director | Álex Sampayo | Nomeado | |
Mellor actriz | Candela Peña | Nomeada | |
Mellor dirección de produción | Toni Veiga | Gañador | |
Mellor montaxe | Álex Sampayo | Nomeado | |
Mellor son | David Machado | Gañador | |
Mellor fotografía | Juan Hernández | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel F. Fidalgo | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Schimbare". Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 crtvg.es, ed. (30 de setembro de 2014). "A película "Schimbare", participada pola TVG, acada o galardón de Mellor Película Internacional no Festival de San Diego". Consultado o 17 de febreiro de 2020.