Saltar ao contido

Saturnino Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSaturnino Piñeiro
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor em Wikidata
Cristiñade, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 1965 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Piñeiro Groba e Mariano Piñeiro Groba Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1188110

Saturnino Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) en 1876 e finado en Vigo o 18 de maio de 1965, foi un agrarista e xornalista galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina e instalouse en General La Madrid. Foi redactor do periódico El Lamatritense.[1] Retornou a Ponteareas en 1916. Foi secretario da Federación Agraria do Partido de Ponteareas e dirixiu o periódico El Tea onde tamén escribía a sección "Fuchicadas" que asinaba co pseudónimo Pedro Borreiro. Esas colaboracións foron recompiladas nun libro co mesmo título que editou El Tea en 1927.[2] Colaborou en textos co produtor de cine Xosé Gil. Directivo da Federación Provincial Agraria de Pontevedra, en abril de 1936 foi nomeado secretario do seu Consello directivo. Foi presidente da Liga de Inquilinos y Vecinos de Vigo. Nos anos 50 foi vocal do Consello de Goberno da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Finou en Vigo o 18 de maio de 1965.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Fuchicadas, por Pedro Borreiro. El Tea, 1927.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Tea, 22-4-1911, p. 3.
  2. Céltiga, 76, 25-2-1928, p. 7.
  3. La Noche, 19-5-1965, p. 8.
  4. Borreiro, Pedro, 1876-1965

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]