Saltar ao contido

Santuario da Virxe de Guadalupe de Hondarribia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario da Virxe de Guadalupe
Ermida de Guadalupe
PaísEspaña
AdvocaciónVirxe de Guadalupe
LocalizaciónHondarribia, Guipúscoa, País Vasco
Coordenadas43°22′01″N 1°49′15″O / 43.3670000311, -1.82083153815
Culto
CultoCatólico
DioceseDiocese de Donostia
Estiloarquitectura barroca, arquitectura do Renacemento e Arquitectura historicista
editar datos en Wikidata ]

O Santuario da Virxe de Guadalupe[1] (en éuscaro: Guadalupeko baseliza) é unha capela e santuario católico, situado na montaña Jaikzibel, en Hondarribia, en Guipúscoa, no País Vasco.

Aparece mencionado por primeira vez nun documento de 1526, de feito, o mariñeiro Juan Sebastián Elcano doou seis duques de ouro nesta capela. Segundo a tradición, a capela érguese no lugar onde dous nenos atoparon a imaxe da virxe. É a advocación orixinal da Virxe de Guadalupe, no País Vasco. Orixinaria do século XVI, foi destruído moitas veces ó longo da historia.[2][3]

É un templo dunha nave cun cruceiro e paredes de cabeceira planas. O templo orixinal do século XVI foi renovado, máis tarde, principalmente no século XVIII. O obra actual data maioritariamente do século XIX. A torre foi construída en 1868 e está en ángulo entre as fachadas do sur e o leste.

Logo do asedio de Hondarribia, en 1638, a cidade acudiu nunha gran procesión ata a capela para agradecer a protección durante o ataque e celebrar a vitoria.

Esta procesión é celebrada hoxe en día, cada 8 de setembro, no chamado "Alarde de Hondarribia"

O principal retablo é de estilo barroco, obra de Juan Bautista Igeluz e Jazinto Elduain e realizado en 1748. Os retablos dos lados foron traídos dende a parroquia. O retablo da esquerda, o ofrecido a San Sebastián, é de 1507 con renovacións de 1642. O retablo da dereita, é de 1760, e está ofrecido a San Xoán Bautista.

Hai tamén algúns frescos de Bienabe Artia de 1949.

  1. Santuario de Guadalupe Turismo Euskadi Consulta o 16 de febreiro de 2017
  2. Instituto Geográfico Vasco. Andrés de Urdaneta (ed.). "21 GUADALUPE" (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2017. 
  3. Turismo Consorcio transfronterizo BidasoaTxingudi (ed.). "Santuario de Guadalupe" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2017.