Santos bispos de Ribas de Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santos Ansurio, Afonso, Froarengo, Gonzalo, Paio, Pedro, Servando, Viliúlfo, e Vimarasio
Proceso de canonización
CanonizaciónSen canonización formal pola Congregación. Traslación das reliquias en 1493
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade26 de xaneiro (catolicismo)
Santuario principalMosteiro de Santo Estevo, Ribas de Sil

Coñécese como nove santos bispos a nove bispos galegos de diferentes sés que se retiraron ao mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil a finais das súas vidas, e que alí morreron e foron enterrados con sona de santidade.

Traxectoria e tradición[editar | editar a fonte]

Os nomes dos bispos segundo diferentes fontes serían Ansurio, Afonso, Froarengo, Gonzalo, Paio, Pedro, Servando, Viliúlfo, e Vimarasio.[1]

Veneración e culto[editar | editar a fonte]

As fontes do ámbito da Igrexa latina dan a súa festa colectiva no 26 de xaneiro. Hernández Figueiredo achou en 2017 un manuscrito na biblioteca da USC, que data de 1781, e que citando á súa vez fontes diversas da para todos estes bispos como festividade o 26 de xaneiro.[6] Por outra parte, De la Fuente, no seu Calendario de Santos, da como data de festividade colectiva para os nove bispos tamén a do 26 de xaneiro, data do falecemento de Ansurio:[7]

MES DE XANEIRO
[...]
26. En Ribas de Sil, diocese de Ourense, orde monacal, santo Ansurio Bispo desta cidade, ano de 922 [sic]. E os santos Afonso, Froarengo, Gonzalo, Paio, Pedro, Servando, Viliulfo e Vimarasio, bispos todos nestes reinos e retirados a vida santa neste mosteiro.

Heredia (1683) tamén fai memoria deles no 26 de xaneiro:[8]

En España, no Ilustrísimo Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, a Traslación das Sagradas Reliquias de nove Bispos, que deixando en diferentes tempos os Bispados, foron monxes da nosa Orde nel, cuxos santos corpos están elevados con certo grao de veneración aos dous lados do Altar Maior en furnas douradas [...] e constando por testemuñas moi dignas de crédito, que morreron con opinión de santidade: os seus nomes pon o noso Pai Mestre Yepes, e os seus Bispados. Santo Ansurio, e Bimarasio Bispos de Ourense. Gonzalo Osorio, e Froarengo, que o foron de Coimbra. Servando, Viliulfo, e Paio, Bispos de Iria. Afonso, que din que o foi de Astorga, e tamén de Ourense, e o noveno, chamado Pedro, que non se sabe de onde foi Bispo.

O lugar de enterramento destes nove bispos foi o claustro dos bispos, pensado como espazo de devoción para lle render culto a estes santos.[9] Os seus restos non foron trasladados até 1463 ao altar maior, por orde do abade Alonso Pernas.[10][11]

En Santo Estevo de Ribas de Sil os nove bispos santos da Gallaecia do século X se mantiveron en seis sepulcros entre contrafortes na á meridional do claustro, iniciado en 1220, cuxos accesos desde o exterio e cara a igrexa previron a circulación de peregrinos en festas concretas, e non se trasladaron ao altar maior até 1463.

Segundo Hernández Figueiredo, esta traslación das reliquias significaba por parte da Igrexa a aprobación da veneración do santo e das súas reliquias.[12] Posteriormente, en 1662 o abade Plácido de Andrade Montenegro solicitou ao bispo de Ourense José de la Peña obter "rezo e misa" para os santos bispos, que non tiveran sido canonizados de xeito formal.[13] Obxecto de veneración dos fieis foron en particular os aneis episcopais dos bispos, tidos por milagreiros.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Duro Peña 1977, p. 28.
  2. Rodríguez Colmenero, António (1977). Galicía meridional romana. Universidad de Deusto. p. 76. 
  3. Duro Peña 1977, pp. 28-29.
  4. Duro Peña 1977, p. 29.
  5. Cavero Domínguez, Gregoria; Martín López, María Encarnación, eds. (1999). Colección documental de la Catedral de Astorga 1. Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro". pp. 98–99. [...] Sub Christi nomine Vimara tudensis episcopus confirmat [...] 
  6. Hernández Figueiredo 2017, p. 359. O manuscrito leva por título Obispado de Orense / con sus Beneficios y Anexos / y / Las Jurisdicciones y Cotos / de la Provincia / con / otras varias Curiosidades, e conta cunha sección titulada Calendario Alfabético de los Santos naturales y pertenecientes al Obispado de Orense. Localización: Biblioteca Xeral USC, RSE 4727, manuscrito, 1781.
  7. De la Fuente, José María (1839). Calendario de Santos que pertenecen a la Iglesia de España, desde que fue establecida por los Apóstoles hasta el presente. Imprenta de P. J. de Lopetedi. En Rivas del Sil, diócesi de Orense, órden monacal, san Ansurio Obispo de esta ciudad, año de 922. Y los santos Alfonso, Froalengo, Gonzalo, Pelagio, Pedro, Servando, Viliulfo y Vimarasio, obispos todos en estos reinos y retirados à vida santa en este monasterio 
  8. Heredia, Antonio de (1683). Vidas de Santos Bienaventurados y personas venerables de la sagrada religión de N. P. S. Benito. Tomo I. p. 439. En España, en el Ilustrissimo Monasterio de San Esteuan de Ribas del Sil, la Translacion de las Sagradas Reliquias de nueue Obispos, que dexando en diferentes tiempos los Obispados, fueron monges de nuestra Orden en el, cuyos santos cuerpos estan eleuados con cierto genero de veneracion a los dos lados del Altar Mayor en vrnas doradas [...] y constando por testimonios muy dignos de credito, que murieron con opinion de santidad: sus nombres pone nuestro Padre Maestro Yepes, y sus Obispados. San Ansurio, y Bimarasio Obispos de Orense. Gonçalo Ossorio, y Froalengo, que lo fueron de Coimbra. Seruando, Biliulfo, y Pelagio, Obispos de Iria. Alfonso, que dizen lo fue de Astorga, y tambien de Orense, y el nono, llamado Pedro, que no se sabe de donde fue Obispo. 
  9. Varela Cajide 2017, p. 54.
  10. Varela Cajide 2017, p. 60.
  11. García García, Francisco de Asís (2016). "Mover al santo: traslado de reliquias y renovación de escenarios de culto en monasterios hispanos (siglos XI y XII)". En García de Cortázar, José Ángel; Teja, Ramón. Los monasterios medievales en sus emplazamientos: lugares de memoria de lo sagrado. p. 158. ISBN 9788415072898. En San Esteban de Ribas de Sil los nueve obispos santos de la Gallaecia del siglo X se mantuvieron en seis sepulcros entre contrafuertes en el ala meridional del claustro, iniciado en 1220, cuyos accesos desde el exterior y hacia la iglesia previeron la circulación de peregrinos en fiestas concretas, y no se trasladaron al altar mayor hasta 1463. 
  12. Hernández Figueiredo 2017, pp. 362-363.[...] Es más, la exhumación de las reliquias de un santo por parte del ordinarius loci, que luego las colocaba en un sepulcro más digno –la elevatio–, constituyó un acto litúrgico, que bastaba para garantizar en nombre de la Iglesia la licitud de la veneración dirigida al santo y a sus reliquias [...]
  13. 13,0 13,1 Varela Cajide 2017, p. 62.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Duro Peña, Emilio (1977). El monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo de la Diputación Provincial. 
  • Hernández Figueiredo, José Ramón (2017). "Evolución del elenco de santos de 1781 al santoral del martirologio romano del siglo XXI en la diócesis de Ourense". Cuadernos de Estudios Gallegos 64 (130). ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2017.130.10. 
  • Jiménez Pedrajas, R. (1969). "Vimarasio, vescovo di Orense, e altri VIII vescovi santi". Bibliotheca Sanctorum XII. Roma. pp. 1127–1132. 
  • Varela Cajide, Pablo (2017). "Un novo achegamento a Santo Estevo de Ribas de Sil. A construción do mosteiro medieval e a súa recepción na época moderna". Adra (Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego) (12). ISSN 1886-2292. 
  • VV. AA. (2004). En olor de santidad: relicarios de Galicia. A Coruña: Xunta de Galicia. pp. 131–135. ISBN 9788445338261.