Santiago Tirado Serén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1939 (84 anos) Cambados, España |
Alcalde de Cambados | |
1990 – 1998 ← Antonio Pillado – José Manuel Cores Tourís → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Santiago Tirado Serén, nado en Cambados o 16 de decembro de 1939, é un político e mestre galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre en Vilanova. Foi elixido concelleiro por AP en Cambados nas municipais de 1983, sendo portavoz deste grupo na oposición trala renuncia de Ramón Peña. Nas municipais de 1987 foi número 2 de AP, e trala vitoria por maioría absoluta desta formación foi primeiro tenente de alcalde. Os diversos problemas de saúde do alcalde Antonio Pillado supuxeron que asumise a alcaldía de modo accidental de forma practicamente ininterrompida a partir de 1988. En marzo de 1990 asumiu oficialmente a alcaldía, trala renuncia definitiva de Pillado Montero. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde ó revalidar o PPdeG unha ampla maioría absoluta cun 63 % dos votos. Nas municipais de 1995 volveu ser reelixido con maioría absoluta. En maio de 1998 presentou a súa dimisión como alcalde, pero mantendo a acta de concelleiro, sendo substituído por José Manuel Cores Tourís. Así mesmo, foi deputado provincial entre 1991 e 1999.
Volveu ser elixido concelleiro tralas municipais de 1999, encargándose da concellería de obras, pero en marzo do 2000 renunciou á acta e foi nomeado asesor da Consellería de Política Territorial. En setembro de 2002 foi nomeado xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés[1], permanecendo ata a súa xubilación en agosto do 2007[2].
Predecesor: Antonio Pillado |
Alcalde de Cambados 1990 - 1998 |
Sucesor: José Manuel Cores Tourís |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Santiago Tirado deja Vivenda para gestionar el consorcio de bomberos". La Voz de Galicia. 10 de setembro de 2002.
- ↑ "Miguel Ángel Pérez sustituirá a Tirado al frente del Consorcio de Bomberos do Salnés". La Voz de Galicia. 6 de agosto de 2007.