Santiago Rodríguez Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Rodríguez Salinas
Nacemento1917
Lugar de nacementoMadrid
Falecementoagosto de 1985
Lugar de falecementoRedondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e escritor
editar datos en Wikidata ]

Santiago Rodríguez Salinas, nado en Madrid en 1917 e finado en Redondela en agosto de 1985,[1] foi un militar e exiliado español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo da mestra Antonia Rodríguez Salinas e de Alberto Marín Alcalde. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e ingresou no Exército Popular, co que participou nas batallas de Teruel e do Ebro. Pasou a Francia na primeira quincena de febreiro de 1939 e entrou nos campos de concentración. Retornou a España e foi ingresado nun campo de concentración en Reus, pasou despois aos batallóns disciplinarios, primeiro ao de Punta Carnero (Alxeciras) e despois ao de Cerro Muriano (Córdoba), e finalmente realizou seis meses de servizo militar obrigatorio en Canarias. Cando rematou instalouse en Redondela coa súa nai, profesora republicana represaliada, que chegou á vila en 1941 procedente de Madrid para coidar do seu compañeiro Alberto Marín Alcalde, preso na illa de San Simón. Antonia Rodríguez puxo escola en Redondela. Nos anos sesenta foi secretario da xunta local de Redondela da Asociación Española contra o Cancro.[2] Na transición militou en Acción Republicana Democrática Española (ARDE) e interviu no acto contra o peche de Regojo en setembro de 1978.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro de Vigo, 30-8-1985, p. 36.
  2. El Pueblo Gallego, 17-2-1975, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 29-9-1978, p. 12-13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]