Sanomi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sanomi é unha canción do grupo belga Urban Trad, do que é integrante a galega Verónica Codesal. A canción está escrita nun idioma imaxinario ou inventado.

Eurovisión[editar | editar a fonte]

Urban Trad participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003, conseguindo 165 puntos e quedando na segunda praza por detrás de Turquía.