Verónica Codesal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2012.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de setembro de 1977 Uccle |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Artes escénicas |
| Ocupación | cantante |
| Xénero artístico | World music |
| Instrumento | Voz |
| Participou en | |
| 1956 | Festival de Eurovisión |
Verónica Codesal, nada en Uccle (Bélxica) o 16 de setembro de 1977 é unha cantante galega-belga, membro dos grupos Urban Trad e Ialma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica e ela mesma nada e criada aló, Verónica Codesal é profesora do grupo de danza tradicional de Bruxelas Foliada, e vocalista, pandeireteira e gaiteira dos grupos Ialma, Camaxe e Urban Trad. Ten participado nas actividades de Muziekpublique, un organismo que ten por obxectivo promover as músicas do mundo en Bélxica.
Eurovisión
[editar | editar a fonte]Con este conxunto participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía.
Foi membro activo da Plataforma Nunca Máis en Bruxelas.
En 2023 presentou o seu novo proxecto 100 voltas xunto a Didier Laloy e Damien Chierici, un conxunto de temas con influencias de diversos xéneros e procedencias musicais, e con letras de Rosalía Fernández Rial, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Brais Fernandes etc.[1]
Notas
[editar a fonte]- ↑ "A cantora galaico-belga Verónica Codesal presenta o seu novo proxecto na Illa de Arousa". Pontevedra Viva. 2023-07-24. Consultado o 2023-07-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo de 100 VOLTAS - Cachondemia - YouTube