San Román de Montoxo, Cedeira
San Román de Montoxo | |
---|---|
San Román de Montoxo | |
Concello | Cedeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°38′48″N 7°59′51″O / 43.6468, -7.9974 |
Poboación | 376 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Román de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 447 habitantes (226 homes e 221 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 489 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]San Román de Montoxo esténdese pola marxe dereita do río das Mestas e as abas do coto de Freixido e de Penáguia. Limita polo norte coa parroquia de Piñeiro, dende o lugar da Trabe até o rego de Candales, que a separa tamén da parroquia de Régoa até a ponte de Braxe. Polo leste limita coa parroquia de Montoxo dende a dita ponte de Braxe e seguindo este regato, o coto de Aneiros e a pasada de Vagariños e o río das Mestas. Este mesmo río sepáraa polo sur da parroquia de Cerdido. Por último polo oeste limita coa parroquia de Esteiro, dende o río das Mestas até o lugar da Trabe.
A estrada de Cedeira ao Campo do Hospital atravesa a parroquia de oeste a leste por Vena, Venta da Cabra, Veciñeira, Costa, Silvela, Aneiros e Arón.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, na honra de San Román está situada no sur da parroquia, preto do río das Mestas e conta tamén cun cemiterio ao seu carón.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Román de Montoxo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Román de Montoxo no concello de Cedeira | |
---|---|
Aneiros | Arón | O Baturro | Campolongo | O Campón | Os Candales | O Carballo | Cartas | Casal de María | A Corredoira | A Costa | O Cotiño | O Curro | Fonse | Fragoso | Gondón | Guillade | O Lameiro | Ludeiro | Montemeao | Outeiro | A Pasada | Penadaguia | O Pinar | A Presa | A Revolta | A Riba | Sarandós | A Trabe | Vila do Río |