Saltar ao contido

San Cisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cisco
Concerto de San Cisco en Bakery no 2012.
OrixeFremantle, Australia Australia
Período2009 - presente
Xénero(s)Indie rock, indie pop
Selo(s) discográfico(s)Albert Productions, Fat Possum Records
MembrosJordi Davieson
Josh Biondillo
Nick Gardner
Scarlett Stevens
Na rede
http://www.sancisco.com/
Facebook: sanciscomusic Twitter: SanCiscoMusic Instagram: sanciscodisco MySpace: sancisco Youtube: UCdJCBo-Fa4qLpuwOGR0qdAA Souncloud: san-cisco-music Spotify: 0Ou0138wEd8XWebhc4j7O0 iTunes: 413584591 Musicbrainz: 31dd3369-d9d7-42a4-a586-9029c0520ddd Songkick: 3755886 Discogs: 3079385 Deezer: 1389120 Editar o valor en Wikidata

San Cisco é un cuarteto australiano de música indie pop formado en 2009,[1] co nome orixinal de King George,[2] en Fremantle, Western Australia.[1] A banda está formada por Jordi Davieson (guitarra e vocalista), Josh Biondillo (guitarra e voces), Nick Garner (baixo) e Scarlett Stevens (batería e voces)—todos os membros, excepto Stevens, tocan o teclado. En novembro de 2011, asinou pola discográfica Albert Productions,[2],aínda que se mudou para Fat Possum Records para o lanzamento do seu primeiro álbum. En outubro de 2012, a banda describiu o seu ambiente como "pantanoso, crocante, simplificado, complicado e indie".[3]

Formación

[editar | editar a fonte]

Os membros de San Cisco foron ao mesmo instituto en Fremantle. O cantante e guitarrista Davieson e a batería Stevens xa se coñecían desde a nenez e formaron parte das bandas The Real Life Animators e The Flairz; ao mesmo tempo, Biondillo e Davieson compartían a mesma paixón polo skate, a auga e a música. Stevens é filla de Phil Stevens, quen fundou Jarrah Records xunto con John Butler Trio e The Waifs, dúas bandas que tamén dirixe.[4][5] Biondillo explica que: «Comezei a tocar a guitarra cando estaba no instituto, en segundo ou terceiro, aínda que tocaba sobre todo no meu cuarto. Continuei facendo isto até que coñecín a Jordi e comezamos a improvisar xuntos.»[6]

A finais de 2009, Davieson, Stevens, e Biondillo comezaron a tocar música xuntos e posteriormente se lles uniu o baixista Gardner. Nun comezo chamábanse "King George", aínda que mudaron o seu nome para «San Cisco» despois de lles preguntaren aos seus amigos e fans. Segundo a banda: Non hai ningunha relación entre a cidade de San Francisco e o noso nome. .... A razón da escolla deste nome é porque non significa nada; coma un lenzo en branco que podiamos pintar como quixéramos».[7]

Golden Revolver EP

[editar | editar a fonte]

A finais de 2010, San Cisco gravou o seu primeiro EP Golden Revolver en Perth, Western Australia nos Blackbird Studios. As cinco cancións do EP foron coproducidas polo batería de Little Birdy Matt Chequer e o experimentado enxeñeiro e produtor Steven Schram (Little Birdy, The Waifs, Cat Empire e Little Red). «Golden Revolver», o sinxelo principal do EP aclamado pola crítica, recibiu unha intensa transmisión pola radio nacional australiana Triple J. O DJ da radio XFM London Mike Walsh fixo o seguinte comentario sobre «Golden Revolver»: «Se me presentase nesta canción como novo sinxelo de Vampire Weekend, non estaría decepcionado».[8]

O videoclip para "Golden Revolver" mostra a banda mentres navegan polo río do occidente australiano Margaret River nun barco improvisado.[9] O segundo sinxelo da banda «Girls Do Cry» e unha versión do sinxelo de 2010 da banda de Perth Tame Impalatamén aparecen no EP. Antes da saída de Golden Revolver, fixéranlle unha recesión á banda nun episodio en decembro de Triple J Unearthed.[10]

Awkward EP

[editar | editar a fonte]

O segundo EP da banda, Awkward, foi lanzado en febreiro de 2012 e o concepto detrás do título da canción foi revelado nunha entrevista entre bastidores con Davieson: "É unha historia un pouco rara sobre un acosador na que que aparecemos Scarlett e máis eu. É pura invención". A gravación foi lanzada a través da compañía do grupo Island City Records, que contou coa distribución da empresa MGM.[11] A páxina web de Uber Rock anunciou que o EP fora ben recibido pola prensa e radio británicas e que ab anda recibira o apoio de medios de comunicación coma NME, This Is Fake DIY, XFM, BBC 6Music, Absolute Radio, Betacross, BBC Radio 1 e Amazing Radio.[12]

O 27 de abril de 2013, o videoclip de "Awkward", publicado pola banda na súa canle de YouTube "sanciscomusic", recibiu máis de 4,1 millóns de visitas (o vídeo foi dirixido por Andrew Nowrojee).[13]

San Cisco

[editar | editar a fonte]

A finais de 2011, a banda asinou con Albert Productions, fogar de bandas como AC/DC e Megan Washington (o selo describe o son de San Cisco coma «un low-fi garage pop áspero» mesturado con «brillantes anzois pegadizos».[14] Porén, en setembro de 2012, a banda deixou Albert Productions para unirse á aliñación do selo estadounidense Fat Possum Records (un trato feito en conxunto conRCA Records—para o lanzamento do seu primeiro álbum San Cisco en todos os países, menos en Australia, o 23 de novembro de 2012;[15][16] en Australia, a banda decidiu lanzalo cos sinxelos "Wild Things" e "Fred Astaire",[17][18] por medio de Island City Records.[19]

A banda é o primeiro grupo australiano en asinar co selo Fat Possum; outras bandas que forman parte deste selo son The Black Keys, Spiritualized, Townes Van Zandt e Dinosaur Jr.[19][20] O selo describe á banda na súa web da seguinte maneira: «Nun ano de megaéxitos virais de Down Under, un obstinato de catro xoves amigos amantes da música chegaron aos niveis máis altos das listaxes pop australianas cun verme auditivo intoxicante dunha canción chamada «Awkward» ... Se pensamos cal seríaa canción do outono, esta é a resposta.» [21] Isto foi o que exclamaron cando se lles falou sobre o contrato con Fat Possum:«Xenial! Fat Possum é espectacular. Estamos desexando formar parte do selo.»[3]

O videoclip de "Wild Things", o primeiro sinxelo do seu primeiro álbum, foi publicado na canle de Youtube da banda o 16 de outubro de 2012 e foi dirixido por Kasimir Burgess.[22] Alén diso, o sinxelo tamén tivo a súa preestrea na páxina da radio nacional australiana Triple J.[15] No seu primeiro álbum tamén hai unha pista adicional que se chama «John's Song», na que só participa Davieson cantando e tocando a guitarra.[16]

San Cisco gravou unha versión da canción de Daft Punk "Get Lucky" para a sección "Like A Version" da radio nacional australiana Triple J o 30 de maio de 2013. A banda emprega o slap e os bongos para a súa interpretación e tamén incorpora a canción de N.E.R.D Hypnotize U".[23][24]

Premios e galardóns

[editar | editar a fonte]

Na conta atrás dos Triple J Hottest 100 de 2011, «Awkward» obtivo a sétima posición e foi a primeira aparación dentro desta listaxe.[11] A canción «Awkward» tamén gañou o «Sinxelo máis popular» e o «Videoclip máis popular» nos premios de 2012 da Western Australian Music Industry (WAMI).[4] A banda foi nomeada a un Unearthed J Award en novembro de 2011.[25]

En decembro de 2012, Triple J anunciou que os seus ouvintes colaron a San Cisco na décima posición dos seus dez mellores álbums. No 2012 Hottest 100 os sinxelos «Wild Things» e «Fred Astaire» alcanzaron o número 53 e 48, respectivamente.[26]

Mentres Golden Revolver gañaba popularidade, San Cisco actuou en numerosos festivais en 2011, como o Fuse Festivalde Adelaide, BIGSOUND en Brisbane, a sección Melbourne, Victoria do St Jerome's Laneway Festival, o Pyramid Rock Festival na Phillip Island de Victoria, o Peats Ridge Festival en New South Wales' o Glenworth Valley, nas paradas de Australia Occidental dos festivais Big Day Out Groovin' the Moo.[14] A banda tamén acompañou a bandas australianas como The Grates, Jebediah e Architecture in Helsinki,[14], e apareceu na versión australiana de BalconyTV (gravada en Brisbane, Queensland)[27] e 3 News.[6]

Antes de lanzar o seu primeiro álbum, a banda completou a súa primeira xira europea en outubro de 2012[12][28] e apareceu no CMJ Festival que se celebra en Nova York.[15] Writing for the Bullett website, Luke O'Neil presentou á banda escribiu no web de Bullet unha presentación positiva da actuación da banda no CMJ:

Better Mellor non planear nada e esperar que accidentalmente atopes algo que non querías ver e evitar decepcións. Foi o que aconteceu onte á noite ... Descubrín a unha banda australiana chamada San Cisco na súa actuación, e contra todas as probabilidades, os seus ventosos encantos indie (unha mistura entre Vampire Weekend e Arctic Monkeys, tirou o meu primeiro sorriso da noite).[29]

O 8 de febreiro de 2013, a banda comezou a súa primeira xira polos Estados Unidos, sendo abreconcertos de The Vaccines no Turner Hall Ballroom en Milwaukee, Wisconsin.[30] Recentemente, San Cisco comezou a actuar por Europa coma abreconcertos de Darwin Deez e Kaela Slavik.

Influencias

[editar | editar a fonte]

A banda nomea a MGMT, The Flaming Lips e Vampire Weekend como as súas principais influencias para escribir as cancións e. Alén diso, en xaneiro de 2011, Stevens traballou nunha tenda de discos, o que lle permitiu á banda ter un vencello que «proporciona novas influencias e ideas, que podemos usar na nosa música».[7]

Outros proxectos

[editar | editar a fonte]

Stevens encargouse dos coros na canción «Go» do grupo Bob Evans, no seu cuarto álbum Familiar Stranger.[31]

Membros da banda

[editar | editar a fonte]
  • Jordi Davieson – guitarra, voces, teclado.
  • Josh Biondillo – guitarra, voces, teclado, sintetizador.
  • Nick Gardner – baixo.
  • Scarlett Stevens – batería, voces.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • San Cisco - Fat Possum Records/Island City Records (23 de novembro de 2012).
  • Golden Revolver - San Cisco Music (4 de febreiro de 2011).
  • Awkward - Island City Records (3 de febreiro de 2012) (AUS #32).
  • Beach - Columbia Records (10 de decembro de 2012) Reino Unido/Irlanda.
  1. 1,0 1,1 "San Cisco". Switch. midnightproductions. 2011–2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  2. 2,0 2,1 Jeremy Williams (24). "Introducing… San Cisco". So So Gay. So So Gay. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  3. 3,0 3,1 "CMJ 2012 Artist Q&A: San Cisco". CMJ. CMJ Holdings Corp. 3. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2013. Consultado o 8 March 2013. 
  4. 4,0 4,1 Krysty Symonds (3 June 2012). "San Cisco scoops pool at WAMI Awards". Perth Now – The Sunday Times. Consultado o 1 March 2013. 
  5. "Daily Telegraph - Kathy McCabe". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2006. Consultado o 20 de xuño de 2006. 
  6. 6,0 6,1 Ren Kirk (24). "San Cisco interview". 3 News Best News. MediaWorks TV. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 1 March 2013. 
  7. 7,0 7,1 Emilia Vranjes (17 January 2011). "2011: The year of San Cisco". Fremantle Gazette. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 1 March 2013. 
  8. Cheese on Toast (27). "Interview with Josh from San Cisco". Cheese on Toast – more than normal music. Andrew Tidball. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  9. sanciscomusic (10). "San Cisco - Golden Revolver" (Video upload). YouTube. Google, Inc. Consultado o 1 March 2013. 
  10. "San Cisco". triple j Unearthed. ABC. 2011. Consultado o 1 March 2013. 
  11. 11,0 11,1 "#7: San Cisco -Awkward". triple j. ABC. 2011. Consultado o 1 March 2013. 
  12. 12,0 12,1 Gaz E (16). "SAN CISCO announce first ever English tour dates". Uber Rock. Uber Rock Ltd. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 8 March 2013. 
  13. sanciscomusic (24). "San Cisco -Awkward" (Video upload). YouTube. Google, Inc. Consultado o 27 April 2013. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "San Cisco". Alberts. Alberts Pty Ltd. 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 March 2013. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "Hear: San Cisco's 'Wild Things'". Triple J. ABC. 2. Consultado o 8 March 2013. 
  16. 16,0 16,1 "San Cisco". iTunes Preview. Apple, Inc. 23. Consultado o 8 March 2013. 
  17. "Wild Things - Single". iTunes Preview. Apple, Inc. 5. Consultado o 8 March 2013. 
  18. "Fred Astaire -Single". iTunes Preview. Apple, Inc. 25. Consultado o 8 March 2013. 
  19. 19,0 19,1 Jody Macgregor (22). "San Cisco sign to US label Fat Possum". FasterLouder. FasterLouder Pty Ltd. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2012. Consultado o 1 March 2013. 
  20. "Artists". Fat Possum Records. Fat Possum. 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  21. "San Cisco". Fat Possum Records. Fat Possum. 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  22. sanciscomusic (16). "San Cisco - Wild Things [Official Video]" (Video upload). YouTube. Google, Inc. Consultado o 8 March 2013. 
  23. "San Cisco Mash Daft Punk And N*E*R*D For ‘Like A Version’". Music Feeds. Music Feeds. 31 May 2013. Consultado o 31 May 2013. 
  24. triplejtv (30 May 2013). "San Cisco cover Daft Punk 'Get Lucky' on triple j" (Video upload). YouTube. Google, Inc. Consultado o 31 May 2013. 
  25. "San Cisco". J Awards 2011. ABC. 2011. Consultado o 1 March 2013. 
  26. "Countdown". triple j Hottest 100. ABC. 2012. Consultado o 1 March 2013. 
  27. Paul; Race Cafe - The Espresso Bar (14). "San Cisco". BalconyTV. BalconyTV. Arquivado dende o orixinal (Video upload) o 05 de agosto de 2013. Consultado o 1 March 2013. 
  28. "Interview: San Cisco". amazingradio. Amazing Media Group. 10. Consultado o 8 March 2013. 
  29. Luke O’Neil (18). "Band to Watch: San Cisco Surprises at CMJ". Bullett. Bullett Media. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 8 March 2013. 
  30. "On The Road". San Cisco On The Road. SC HQ. 8. Consultado o 1 March 2013. 
  31. Darren Levin (22). "Watch: Tim Rogers cameos in new Bob Evans". FasterLouder. FasterLouder Pty Ltd. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1 March 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]