San Ciprián, Hermisende
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Concello | Hermisende | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49572 | |||
San Ciprao (San Ciprián en castelán e oficialmente)[1] é unha aldea pertencente ao concello zamorano de Hermisende, na bisbarra das Portelas, unha subcomarca de Seabra, Castela e León. É unha poboación de lingua galega, ao igual có resto do concello de Hermisende. Coma Hermisende e A Teixeira, pertenceu a Portugal ata 1640, cando se restaurou a independencia portuguesa.
Localización
[editar | editar a fonte]Dende Hermisende e en dirección a Castromil, en apenas 2 km, tras ascender unha pendente atópase San Ciprián.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Da súa igrexa parroquial chama a atención o seu pórtico. Baixo a espadana encóntrase a porta en arco, con orelleiras e enmarcadas por pilastras. No interior, un retablo maior neoclásico de columnas corintias, xaspeadas en verde e azul. Nunha fornela encóntrase a figura de Cibrán de Cartago.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frías Conde, Francisco Xavier (2002). EL GALLEGO EXTERIOR A LAS FRONTERAS ADMINISTRATIVAS (PDF). ISBN 978 -84 -8466-314-0. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ San Ciprián
- ↑ Hermisende
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Cruz, J. (2007). Cultura e fala popular de San Ciprián de Hermisende. Unha achega etnográfica e léxica para o estudo do idioma galego en áreas periféricas da nosa comunidade (PDF). Raigame.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos de San CipriánArquivado 25 de outubro de 2011 en Wayback Machine.