San Ciprián, Hermisende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°58′26″N 6°54′37″O / 41.974, -6.91023 San Ciprao (San Ciprián en castelán e oficialmente)[1] é unha aldea pertencente ao concello zamorano de Hermisende, na bisbarra das Portelas, unha subcomarca de Seabra, Castela e León. É unha poboación de lingua galega, ao igual có resto do concello de Hermisende. Coma Hermisende e A Teixeira, pertenceu a Portugal ata 1640, cando se restaurou a independencia portuguesa.

Localización[editar | editar a fonte]

Dende Hermisende e en dirección a Castromil, en apenas 2 km, tras ascender unha pendente atópase San Ciprián.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Da súa igrexa parroquial chama a atención o seu pórtico. Baixo a espadana encóntrase a porta en arco, con orelleiras e enmarcadas por pilastras. No interior, un retablo maior neoclásico de columnas corintias, xaspeadas en verde e azul. Nunha fornela encóntrase a figura de Cibrán de Cartago.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Frías Conde, Francisco Xavier (2002). EL GALLEGO EXTERIOR A LAS FRONTERAS ADMINISTRATIVAS (PDF). ISBN 978 -84 -8466-314-0. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. San Ciprián
  3. Hermisende

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]