Salvatore De Giorgi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvatore De Giorgi
Card.SalvatoreDeGiorgi.jpg
Nacemento6 de setembro de 1930
Lugar de nacementoVernole
NacionalidadeItalia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
Premioscidadán honorario de Palermo
editar datos en Wikidata ]
Coat of arms of Salvatore De Giorgi.svg

Salvatore De Giorgi, nado en Vernole, Lecce (Italia) o 6 setembro de 1930, é un cardeal católico.

Ordenado sacerdote o 28 de xuño de 1953, pasou un tempo como párroco e en 1973 o papa Paulo VI fíxoo bispo titular de Tulana e bispo auxiliar de Oria. Posteriormente ascendeu a arcebispo de Foggia en 1981 e de Taranto en 1987. Arcebispo de Palermo en 1996, Xoán Paulo II ascendeuno a cardeal o 21 de febreiro de 1998.