Saleta Chao Rivas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Saleta Chao Rivas | |
---|---|
Nacemento | 1990 |
Cuntis | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Saleta Chao Rivas, nada en Cuntis en 1990, é unha política galega do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomada en Maxisterio na especialidade de Educación Infantil e Graduada de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela. Responsable local de Galiza Nova de Cuntis. Foi responsábel Comarcal de Galiza Nova A Estrada-Deza. Pertenceu á Executiva do BNG até 2016, na que foi Secretaria de políticas sectoriais, coordinación das comisións nacionais e acción feminista.