Sala Ingrávida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°09′41″N 8°37′04″O / 42.161513756727, -8.6177591409313

A Sala Ingrávida (Espazo de gravitación artística) é unha sala de teatro situada no Porriño[1].

Xestionada pola compañía residente Xerpo, está acollida á Rede Galega de Salas da AGADIC.

As principais actividades da sala son a exhibición de espectáculos teatrais e unha escola de teatro. A compañía residente, Xerpo, entrega anualmente o premio Coiro de Pita, ao mellor espectáculo representado na sala no ano[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sala Ingrávida". www.salaingravida.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-05. 
  2. "Coiro de Pita". www.salaingravida.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-05.