Sad Sirub
Sad Sirub | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica caldea | |
Biografía | |
Nacemento | 6 de setembro de 1972 en Bagdad, Iraq |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 13 de otubro de 2001 |
Consagración episcopal | 24 de xaneiro de 2014, por Luís Rafael I Saku |
Visitador apostólico para os caldeos de Europa | |
2016 - actualidade | |
Predecesor | Ramsi Karmu |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Sad Sirub (en árabe: سعد سيروب), nado en Bagdad (Iraq) o 6 de setembro de 1972, é un eclesiástico católico caldeo, bispo e visitador apostólico para os caldeos de Europa dende 2016.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo de rematar os estudos de Enxeñaría aeronáutica en Bagdad, comezou estudos de filosofía no Seminario Patriarcal Caldeo. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Urbaniana, e logo de ser ordenado sacerdote o 13 de otubro de 2001, licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana. Entre 2005 e 2006 foi párroco de San Xacobe de Bagdad, e en 2008 doutorouse en Teoloxía en Roma, e posteriormente volveu a Bagdad onde foi párroco da catedral de San Xosé de Bagdad.
O 10 de xuño de 2013 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado de Babilonia e bispo titular de Hirta. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Luís Rafael I Saku o 24 de xaneiro de 2014. O 19 de novembro de 2016 sustituíu a Ramsi Karmu como visitador apostólico dos caldeos residentes en Europa.
Notas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ramsi Karmu |
Visitador apostólico dos caldeos en Europa dende 2016 |
Sucesor: (no cargo) |